Bueu : el astillero de Purro, por fin, ya tiene luz verde para ser recuperado

LUZ VERDE AO ESTALEIRO DA BANDA DO RÍO AO RECIBIR O CONCELLO A NOTIFICACIÓN FORMAL DA CONCESIÓN
O Concello de Bueu recibiu hoxe a aceptación polo Rexistro Xeral do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente da concesión da rehabilitación do estaleiro da Banda do Río. 
En vista disto, nos próximos días, o Concello responderá aceptando as condicións que xa foran enviadas por correo electrónico hai dúas semanas, e que se refiren ás obras de acondicionamento de 890 metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre destinados á súa rehabilitación como museo de estaleiro da Banda do Río, onde se realizarán actividade relacionadas cos traballos de carpintaría de ribeira, como co mar e ca costa.
Revisada toda a documentación presentada, dende Medio Ambiente sinalan que a rehabilitación do estaleiro só conleva un cambio de uso con respecto ás instalacións existentes, polo que non provoca incidencias adicionais ao dominio público-terrestre.
En canto ao prazo de concesión, propóñense vinte anos prorrogables a trinta estando exenta de pago de canon, por ser unha entidade local a concesionaria e non destinarse a unha actividade lucrativa.

Xa hai varias semanas, solicitouse unha reunión do concelleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Román Rodríguez González, co edil do municipio para falar de propostas de financiamento. Neste sentido, Félix Juncal sinala que “agardan captar os recursos económicos necesarios”, e por iso comeza coa Xunta, da que espera unha resposta positiva xa que o estaleiro é un ben recollido no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galiza. Tamén se acudirá posteriormente á subvención da Deputación de Pontevedra para poder levar a cabo estas obras cuxo orzamento se sitúa nos 560.000 euros e que complementarían ao museo Massó, especializado na pesca e no mar.