BUEU : pista polideportiva en As Lagoas será realidad inminente

LICITACIÓN DUNHA PISTA DEPORTIVA NAS LAGOAS CUN ORZAMENTO DE 34.00 EUROS
O Concello de Bueu prepara a execución dunha pista polideportiva no entorno de As Lagoas no marco da PPOS/15 da Deputación de Pontevedra cun orzamento estimado de 34.000 euros.
A licitación da obra farase por invitación ás empresas que foron manifestando interese,  procedéndose a invitar a un total de 12 empresas. Estas dispoñen dun prazo de oito días a contar desde a recepción da comunicación para presentar as diferentes ofertas da devandita obra.
O Concello agarda proceder á adxudicación desta obra a comezos de maio, coa que se pretende incrementar a oferta de ocio e actividades destinadas a fútbol sala, baloncesto, xogos de pelota en xeral.

O obxectivo primordial é aumentar os espazos destinados aos máis mozos e completar a oferta da área concreta das Lagoas. Ademais, o alcalde de Bueu tamén salientou como obxectivo “ construír un espazo alternativo coas máximas garantías para evitar que os rapaces xoguen á pelota no parque do lado da Casa do Concello”.