Cangas : caminos en Pintens, Arneles y Menduiña tendrán pavimento adecuado

O CONCELLO DE CANGAS PAVIMENTARÁ DIFERENTES VIAIS EN PINTÉNS E MENDUÍÑA

A Xunta de Goberno Local de Cangas deu conta o pasado luns do escrito da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural polo cal se resolve a concesión de axuda gracias ao Plan Marco “Programa de mellora de Camiños de titularidade municipal 2014-2015, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013”.

O Plan Marco apoia o desenvolvemento das infraestruturas nas zonas rurais; en concreto, a ampliación, mellora ou o mantemento dos camiños de titularidade municipal. O obxectivo é que a totalidade dos concellos de Galicia se poidan beneficiar da mellora das infraestruturas básicas para incrementar a calidade de vida da poboación. Neste caso, a subvención irá destinada a pavimentar 3 tramos na parroquia de Hío, que son: a Baixada a Castiñeiras (Pinténs), a rúa do Cancelo (Pinténs) e a rúa Baixada a Arneles. O outro tramo atópase na parroquia de Aldán, a Rúa do Outeiro Menduíña. En total, case 7.000 metros cadrados de asfaltado.

O importe da axuda para esta pavimentación ascende a 85.992,08 euros. Esta contía é a suma de tres fondos diferentes: FEADER (64.494,06 euros); MARM (10.430,84 euros) e AGADER (11.067,18 euros). O prazo de execución para levar a cabo este investimento é de 110 días a partir da adxudicación da obra.