21/4/15

Cangas : el gobierno municipal activa la mejora en el vial O Viso - O Hío

O CONCELLO DE CANGAS PON EN MARCHA A OBRA DO VISO-HÍO 

O convenio de colaboración entre o Concello de Cangas e a Deputación de Pontevedra para executar a obra do Viso-Hío foi aprobado na Xunta de Goberno Local celebrada onte, 20 de abril de 2015. 

A Xunta de Goberno Local aprobou o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cangas para a execución da obra comprendida no proxecto “Pavimentación e dotación de servizos na E.P 1005 Viso-Hío, P.K. 0+000 a 1+000 (Cangas)”.

Dito vial de acceso á parroquia de Hío soporta un intenso tráfico dificultando a circulación peonil. Con este convenio preténdese conseguir unha maior seguridade vial así como dotalo de servizos de recollida de augas pluviais, canalizacións de abastecemento de augas, rede de alumeado ou distribución de enerxía eléctrica e telecomunicacións.

Os investimentos necesarios para a realización de ditas obras ascende a un total de 1.050.958,27 euros, dos que a Deputación de Pontevedra achegará 850.958,27 euros (en 2015) e o Concello de Cangas aportará 200.000 euros (50.000 en 2015 e 150.000 en 2016). Como se trata dun gasto de caracter plurianual, a súa autorización e compromiso queda subordinado ao crédito que para cada exercicio estea consignado nos respectivos orzamentos.