21/4/15

Cangas ofrece 20 puestos de trabajo a desempleados

O CONCELLO OFERTA 20 POSTOS DE TRABALLO PARA PERSOAS DESEMPREGADAS
Un programa de colaboración  entre o Concello de Cangas e a Xunta de Galicia dará traballo a 20 persoas.

Vinte persoas desempregadas de Cangas optarán a un posto de traballo no Concello grazas á obtención por parte da entidade local dunha subvención da Consellería de Traballo e Benestar. Ditos postos, que se presentaron hoxe no INEM, están dirixidos á contratación de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras de Risga. Os contratos, para realizar obras ou servizos, terán unha duración de 7 meses.

Entre os postos que se ofertan están os seguintes perfís: conserxe, peón limpiador, peón varredor, auxiliar administrativo, albanel ou peón de desbroces. As labores a desempeñar por estes traballadores redundarán no beneficio colectivo, ao tratarse de servizos de interese xeral e social.


O Concello de Cangas, unha vez máis, consegue a través deste tipo de medidas, aumentar as posibilidades de acceso ao mercado de traballo a nivel municipal deste colectivo.