29/4/15

Colas para recoger las invitaciones para bañarse gratis en la piscina municipal de Cangas

O CONCELLO DE CANGAS RECIBE MÁIS DE MIL SOLICITUDES PARA PROBAR A PISCINA MUNICIPAL 
As invitacións as expide o Concello dende o luns e son válidas ata o día 10 de maio.

Os veciños de Cangas xa poden probar as instalacións da piscina municipal ABalea, aberta ao público dende onte luns día 27. O Concello ofrece ata o próximo 10 de maio invitacións para acudir á piscina. Estas invitacións se recollen na tesourería municipal, en horario de 09:00h a 13:00h, na planta baixa do concello.

O luns, se repartiron un total de 690 entradas. Hoxe, martes, a media mañá xa se superaban as 1500 invitacións. Estes pases son válidos tanto para a piscina como para o ximnasio.

Para controlar o aforo e cumprir coas normas de seguridade, as invitacións divídense en 5 franxas horarias, de luns a venres, e 3 os sábados e domingos.
  • Mañás de luns a venres:
09:00h a 11:00h
11:00h a 13:00h
  • Tardes de luns a venres:
16:30h a 18:00h
18:00h a 19:30h
19:30h a 21:30h
  • Mañás de sábados e domingos:
09:00h a 10:30h
10:30h a 12:30h
12:30h a 14:00h

O tope de cada franxa horaria está fixado en 150 persoas. Os veciños que desexen unha invitación deberán indicar a data e franxa horaria elixida. Polo momento, non hai ningunha data completa.