21/4/15

Colegio de Periodistas apuesta por la organización de debates electorales

ESTABLECE COMO CRITERIO BÁSICO O DEREITO DA CIDADANÍA A SER INFORMADA
Proposta do Colexio de Xornalistas para a organización de debates electorais
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) presenta aos distintos partidos e candidaturas e á sociedade galega en xeral uns criterios básicos para a organización de debates entre os candidatos e candidatas que optan a gobernar as principais cidades galegas e lograr que a cidadanía coñeza as ofertas electorais.
 
O CPXG defendeu desde sempre os debates entre as distintas ofertas electorais como unha das condicións necesarias para que a cidadanía tome libremente a súa opción de voto. Por esta razón, ofreceuse a todas as formacións políticas para colaborar na organización destes debates.

Agora, o CPXG presenta un documento que presenta as circunstancias necesarias para que os debates se desenvolvan como exposición e contraste de propostas e argumentos. Unhas propostas que parten de que o criterio básico que debe primar é o do interese cidadá e, polo tanto, as candidaturas que deben participar son aquelas que teñan interese informativo para a maioría dos electores. Os temas a debate serán os que atinxan á veciñanza de cada localidade.

O CPXG propón ademais que os participantes nos debates e o moderador dos mesmos sexan obxecto de acordo. Se non se construíse este consenso, o CPXG resérvase a posibilidade de organizar os debates que considere que poidan ter interese. Neste caso, os debates celebraríanse antes da campaña para evitar posibles reclamacións ante as Xuntas Electorais (que as principais organizacións profesionais de Europa, entre elas o CPXG, consideran unha inxerencia na independencia informativa).

Por último, para que os debates sexan un acontecemento social en si mesmo, celebraranse nun sitio aberto e público, e estarán abertos á retransmisión, parcial ou por completa, por calquera medio que o solicite. O CPXG encargarase tamén da súa difusión en redes sociais.