Concello facilita el acondicionamiento del atrio de la iglesia de Coiro

O CONCELLO DE CANGAS ACONDICIONARÁ O ADRO DA IGREXA DE SAN SALVADOR DE COIRO

O alcalde de Cangas, José Enríque Sotelo, e o párroco do Divino Salvador de Coiro, Benito de la Iglesia, firmaron un convenio que consiste na concesión dunha subvención por parte do Concello de Cangas destinada a financiar as obras de “Acondicionamento do adro da Igrexa de San Salvador de Coiro”. O proxecto conta cun orzamento  de 42.559,46 euros.

Con esta subvención preténdese mellorar o adro da Igrexa de Coiro, actuando nun total de 775 metros cadrados de superficie divididos en pavimentación para acceso rodado e superficie axardinada, todo elo na bancada superior e a nivel do acceso á igrexa.


O prazo de vixencia do convenio finaliza o 31 de decembro. Porén, as obras deberán estar rematadas dous meses antes do fin do período de vixencia do convenio, é dicir, o 31 de outubro.