Cortes de tráfico este sábado por la tarde, en Cangas

Con motivo da organización do Trofeo Concello de Cangas de Ciclismo, previsto para este sábado 25 de abril, vanse realizar cortes puntuais o tráfico, en horario de 17.00/19.30 h, polo paso dos ciclistas por determinadas zonas do municipio.

Asimesmo, informar que non se poderá estacionar no entorno da Alameda Vella de Cangas e Praza, e na rúa Eduardo Vincenti, xa que será zona onde se establecerá o punto de chegada e saida dos ciclistas, e a zona de coordinación da proba.

Para máis información dirixirse as dependencias na Policía Local de Cangas (986 303 031)

Este xoves, día 23 de abril, tivo lugar na Fundación Cangas Deporte (Casa da Xuventude de Cangas) a presentación do TROFEO CONCELLO DE CANGAS DE CICLISMO.

O acto acudiron Francisco Soliño (Concelleiro de Deportes) e Adolfo Soliño (Presidente do Club Ciclista Cangas)

O evento, que terá lugar este sábado 25 de abril polas ruas dos Concellos de Cangas e Bueu, e con meta na Alameda Vella de Cangas, trascorrerá en horario de 17.00/19.30 h, e nel participarán preto de 150 ciclistas.

Na proba competirán deportistas en categoría MASTER 30 – MASTER 40 - MASTER 50 - MASTER 60, achegados dende diferentes puntos da xeografía galega, estatal e portuguesa.


A competición está organizada polo CLUB CICLISTA CANGAS, supervisada pola FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO e conta co patrocinio da FUNDACIÓN CANGAS DEPORTE e o CONCELLO DE CANGAS.