DEPUTACIÓN FINANCIARÁ LA RECUPERACIÓN DE A FRANQUEIRA Y SU ENTORNO

A actuación aprobada este venres na xunta de goberno provincial atende a varias intervencións para mellorar a sinalización  e información dos enclaves turísticos da zona e  humanizar o entorno da Igrexia.

A Deputación de Pontevedra aprobou este venres na xunta de goberno destinar 322.000€ na recuperación e posta en valor de A Franqueira e o seu entorno no concello de A Cañiza.  O proxecto atende a diversas  intervencións tanto dentro como fóra do núcleo desta parroquia. Actuarase na rúa principal da parroquia de A Franqueira, no antigo cemiterio, e no lavadoiro, ademais de nos Miradoiros de Paradanta, o Couto da Vella, a Neveira dos Frades e no Viacrucis
Os traballos previstos nesta obra atenden á mellora da sinalización e información dos puntos de interese artístico, histórico e etnográfico que hai na zona así como á súa restauración e posta en valor.  
No núcleo de A Franqueira a intervención concentrarase  na mellora da sinalización do lugar, instalando un único panel indicativo onde se expliquen as posibles rutas que se poden facer polo enclave, e con información sobre o seu interese e a súa historia.  Quérese suprimir así a diversidade de sinais desordenadas que na actualidade hai no entorno de A Franqueira 
Miradoiros de Paradanta
Nos Miradoiros de Paradanta os traballos atenderán a consolidación e restauración destes espazos que ofrecen unhas vistas únicas desta zona que mira cara A Cañiza, a Serra do Suído e Portugal. Para a posta en valor desa paisaxe sinalizarase o lugar  con paneis nos que poder localizar os lugares que dende aquí se contemplan.
Estes miradoiros foron construidos nos anos 70-80 polo Concello de A Cañiza imitando as construccións dos castros con  asentos no seu interior para poder descansar e contemplar a paisaxe. Por iso, nos traballos aprobados este venres tamén se inclúea reposición deses bancos, a restauración dos muros e o acondicionamento dos empedrados. 
No  Coto da Vella quérese mellorar o acceso para facilitar a súa visita tanto polo camiño que pasa por diante da “neveira” como polo sendeiro que está preto  das antenas de Tv. Unha mellora na sinalización da zona que se realizará mediante a limpeza e o embelecemento para favorecer que os visitantes leven a mellor  impresión posible do Couto da Vella e do seu valor histórico-relixioso.
 Os traballos previstos na Neveira do Frades tamén atenden á mellora da sinalización e información do lugar así como á limpeza, consolidación e restauración desta construcción. O proxecto recolle a recuperación da escaleira interior que hai na “Neveira dos Frades” e a instalación dunha varanda para evitar caídas ao seu interior. 
Tamén se van realizar traballos de mellora no Marco, na Fonte e no Antigo Cemiterio. Neste último enclave entre outras actuacións, pavimentarase o accesom ao cemiterio así como o seu interior. Tamén se acondicionará o xardín e o mobiliario que hai neste entorno.
O Vía Crucis
O proxecto aprobado este venres pola Deputación de Pontevedra tamén considera necesaria dentro da mellora do plan de recuperación e posta en valor de A Franqueira e o seu entorno, unha actuación no Vía Crucis. 
O espazo requiere dunha limpeza e embelecemento que permita a recuperación das pezas que, co paso do tempo e os efectos da climatoloxía, foron caendo.  Así realizaranse as pertinentes obras de restauración  dos camiños de acceso, e de recuperación dos empedrados e escaleiras que ten.  Tamén se recuperarán as cruces en mal estado e habilitarase unha zona de descanso.  
Asimesmo, o proxecto establece, ademais, que sería de interese crear unha ruta de sendeirismo con paneis informativos que ofrezan información sobre a flora e a fauna destes montes, refuxio de moitas especies en Galicia.
A Virxe da Fonte e a urbanización do entorno da Igrexa
Querendo crear un marco máis acorde coa importancia da Igrexa, o proxecto aprobadona xunta de goberno provincial, tamén inclúe a humanización  do entorno da Igrexa. 
Unha actuación coa que se vai a recuperar o empedrado da zona mendiante a utlización de sistemas tradicionais de construcción con cantos rodados e beirarrúas de granito. Tamén se acometerá o acondicionamento de toda a zona intentando conseguir un impacto visual máis acorde co entorno, polo que se evitará deixar á vista o cableado da zona e os colectores de lixo, así como tamén se instalará unha rede de alumeado máis acorde co lugar e de baixo consumo. 

Esta obra de urbanización completarase coa instalación de bancos de pedra no adro da igrexa e  outro lugares do entorno, e de paneis informativos que recollan a historia do santuario, as romarías e dos espazos de interese que hai nas proximidades de A Franqueira.