29/4/15

DEPUTACIÓN MANTÉN O SEU APOIO Á SOCIEDADE DEPORTIVA SAMERTOLAMEU

Begoña Estévez recibió a los representantes
de la S.D. Samertolameu
A deputada Begoña Estévez entregoulle esta mañá unha axuda de 12.000 euros aos responsables do club co fin de facilitar  a participación do equipo en competicións oficiais. 
Os dirixentes do club agradeceron axuda da Deputaciòn “especialmente porque cumpriron o compromiso que nos deron o pasado mes de decembro” na xuntanza celebrada co resto de equipos da provincia. 
Precisamente en aras aos compromisos adoptados pola  Deputación nesa xuntacións cos clubs, foi que se lles facilitarían  adquisición de neumáticas e chaleques salvavidas, “un material que se repartirá a partir do póximo mes de maio”, segundo asegurou a deputada Begoña Estévez. 

A Sociedade Deportiva Samertolameu conta na actulidade con equipos de vela, piragüismo e remo e ven de  organizar o Capionato de España de bateis, tamén financiado pola Deputación de Pontevedra. A pasada fin de semana o peirao de Meira foi o centro de operacións do LXXII Campeonato de España onde as mellores embarcacións de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi loitaban pola bandeira que os acreditase como campións nacionais. Máis de  450 deportistas dos 70 clubs participantes ateigaron a comarca do Morrazo  durante todos os días que durou a competición.