El nuevo Plan Director del Parque de las Islas Atlánticas facilitará el uso y gestión del territorio

A conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, participou na reunión do Padroado 

O PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS RECIBIRÁ ESTE ANO 215.000 €  DO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE PARA ACTIVIDADES QUE FAVOREZAN O DESENVOLVEMENTO SOCIOECONÓMICO DA SÚA ÁREA DE INFLUENCIA

  Na reunión informouse da tramitación do Plan Director da Rede de Parques Nacionais que está a elaborar o Ministerio de Medio Ambiente e se atopa en fase de participación pública
  O novo Plan Director permitirá, segundo destacou a conselleira, que poidamos contar  coa ferramenta de planificación básica a partir da cal poder deseñar o Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas

O parque nacional das Illas Atlánticas recibirá un total de 215.000 euros en axudas do Ministerio de Medio Ambiente para destinar a actividades que favorezan o desenvolvemento socioeconómico da súa área de influencia.  Esta liña de axudas deberá contribuír tanto á conservación como á posta en valor dos catro arquipélagos que conforman o parque nacional das Illas Atlánticas.

Esta tarde celebrouse en Vigo unha xuntanza extraordinaria do Padroado do Parque Nacional na que participou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez Mourelle, quen salientou que “entre todos” estamos a ser capaces de “conxugar a preservación deste ecosistema singular coas potencialidades que ofrece como destino turístico”.

Na reunión do Padroado das Illas Atlánticas informouse sobre os avances na tramitación do Plan Director da Rede de Parques Nacionais que está a elaborar o Ministerio, actualmente en fase de participación pública, e que establecerá os requisitos básicos que han de concorrer para determinar o estado de conservación de cada parque existente no territorio español. 

Trátase dun plan director que, segundo establece a Lei de Parques Nacionais recentemente aprobada, deberá seguir un procedemento de participación pública coa intervención das comunidades autónomas e dos padroados dos distintos padroados dos distintos parques nacionais.

O novo plan director da rede de parques nacionais permitirá, segundo destacou a conselleira, que poidamos contar  coa ferramenta de planificación básica a partir da cal poder deseñar o Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas. “O noso obxectivo último é dotarnos dun documento de ordenación que integre e faga compatibles o necesario coidado do medio natural coas oportunidades económicas, sociais, turísticas e culturais que ofrece este espazo único”, subliñou Ethel Vázquez. 

O Padroado do Parque Nacional é un órgano de representación e con carácter consultivo do que forman parte tanto a administración estatal, autonómica e local, como representantes de distintos colectivos, asociacións e institucións que traballan co obxectivo común de velar pola preservación e polo coidado deste espazo natural. Na xuntanza de hoxe participou tamén o presidente do organismo autónomo Parques Nacionais do Ministerio de Medio Ambiente,  Basilio Rada.