22/4/15

El PP presenta este domingo un programa marco para las municipales en Galicia

Alfonso Rueda y Pedro Puy
Rueda di que aqueles que botan a culpa de non poder presentar lista ao PPdeG “é probable que no futuro sigan sin tela”

O PPdeG presenta o domingo un programa marco autonómico “para gobernar” nos 314 concellos galegos

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que os populares presentarán en Santiago o vindeiro domingo, o seu programa autonómico marco. Nas súas verbas, trátase dun documento pensado “para gobernar” nos 314 concellos galegos.

O secretario xeral, que estaba acompañado polo coordinador do Programa e voceiro do Grupo Parlamentario Popular, Pedro Puy, apuntou que só o Partido Popular de Galicia concorrerá ás municipais na totalidade dos concellos galegos. Para el trátase dun síntoma do “traballo” desenvolvido e da “coherencia” desta opción política que ten ante sí “unha nova oportunidade de seguir gobernando na maioría dos concellos”.

Así indicou que as formacións que botan a culpa de non poder presentar lista ao PPdeG, en lugar de “á súa propia debilidade”, “é probable que no futuro sigan sin telas”.

CAMPAÑA DE PROXIMIDADE 
No tocante á campaña electoral, Rueda comunicou que a presencia do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, está garantida nas sete grandes cidades e en moitas das vilas galegas. Do mesmo xeito, anunciou que o presidente nacional do partido, Mariano Rajoy, vai ter presencia na campaña galega nunha data por confirmar. Indicou tamén que a presenza de membros do Goberno central estará condicionada polas súas axendas nunhas datas, nas que ademáis de municipais en boa parte do país hai tamén eleccións autonómicas.

Rueda infomou de que o PPdeG desenvolverá un traballo, como cómpre nunhas municipais, “moi a pé de rúa e de contacto intenso cos veciños”. Así, resaltou a importancia de “explicar todo aquelo que fixemos onde nos tocou gobernar, que foi en moitos sitios, e explicar, onde fomos oposición, por que cremos que é bo o cambio e beneficioso un goberno popular”.


EXPECTATIVAS
En resposta ás preguntas dos xornalistas, Rueda afirmou, unha vez formalizadas todas as candidaturas, ser consciente de que con respecto a 2011 “a situación mudou”. E nese sentido indicou que, ante este novo panorama, “teñen que estar preocupados aqueles partidos que que hai tempo perden votos en función da subida doutros que antes non existían”.

No tocante ao PPdeG, afirmou que os cambios no escenario político “non mudan o noso plantexamento de traballar para seguir sendo a forza máis votada” e remarcou que “non renunciamos a gobernar ningún concello”. 

Así mesmo afirmou que “se sendo a forza máis votada fose necesario completar algunha maioría para acadar unha maioría máis estable non temos ningún inconveniente sempre que haxa os plantexamentos obxectivos e coincidencias programáticas”.

Con respecto ás deputacións provinciais indicou que “a intención é que o Partido Popular de Galicia goberne as catro”.