25/4/15

El SERGAS continúa contratando equipamientos

O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE ADXUDICA A PHILIPS IBÉRICA, S.A. O EQUIPAMENTO DE INTERVENCIONISMO GUIADO POLA IMAXE EN CARDIOLOXÍA PARA OS SEUS HOSPITAIS
  • Por un importe de 4,6 millóns de euros
O Servizo Galego de Saúde vén de facer pública, na súa páxina web, a adxudicación á empresa Philips Ibérica, S.A. do equipamento de intervencionismo guiado pola imaxe en cardioloxía (lote 2) do expediente de contratación da alta tecnoloxía sanitaria dos hospitais do Sergas, por un importe de 4.609.602 euros.

Con esta adxudicación, o departamento que dirixe Rocío Mosquera dá un paso máis na súa intención de dotar o Sergas da alta tecnoloxía necesaria para aumentar a calidade diagnóstica e asistencial, mellorar a dispoñibilidade do equipamento e atender de forma máis eficiente a demanda das probas diagnósticas e dos procedementos terapéuticos que empregan estas tecnoloxías. 

O contrato da alta tecnoloxía permitirá mellorar a atención á cidadanía, poñer a disposición dos profesionais da saúde as últimas técnicas diagnósticas e terapéuticas, participar en programas de investigación e innovación de ámbito internacional e contar cunha plataforma avanzada de diagnóstico pola imaxe.


O contrato implica, pois, a renovación tecnolóxica existente e a incorporación do novo equipamento co obxecto de aumentar a produtividade e a capacidade diagnóstica do Sergas.