Jornadas sobre las alformbras de Corpus buscan potenciar algo tan tradicional en Bueu

As alfombras de Bueu volverán florecer como o fixeron  a partires dos anos 50. E é que este venres e sábado terá lugar o prato forte das I Xornadas do Corpus, potenciadas dende a Asociación de Alfombras do Corpus de Bueu. Ademais da exposición de fotos que está na Sala Amalia Domínguez Búa desde o 17 ata o 30 de abril, e do obradoiro de elaboración de alfombras para os máis pequenos os días 22 e 29, o prato forte destas xornadas serán as conferencias do venres e do sábado e no acto de homenaxe aos alfombristas veteranos o sábado. Ás 19 horas de mañá, o alcalde da cidade inaugurará as conferencias de dúas persoas de Ponteareas, un Concello que apoia a Bueu nesta tradicional festividade na que tan recoñecido é. 
Ás 19 horas deste venres 24 iníciase o acto inaugural, no que estarán presentes nun principio o alcalde da cidade, Félix Juncal, e a deputada Begoña Estévez, que serán os encargados de dar o pistoletazo de saída ás conferencias de Andrés Sampedro Fernández, concelleiro de cultura de Ponteareas, ás 19.30 horas, e do alfombrista veterano do mesmo municipio, Miguel Ángel García Correa ás 20.15 horas.
O sábado continuará o ciclo de conferencias da man do historiador Arturo Sánchez Cidrás ás 19 horas, deixando a porta aberta aos alfombristas veteranos que acudirán a continuación a unha gala de homenaxe á que tamén asistirá o alcalde e os membros da asociación. Na gala outorgarase un obsequio aos alfombristas, e tamén haberá un vídeo in memoriam dos que non están pero que desempeñaron unha labor importante no progreso desta festividade.

Resalta a importancia destes actos por ser a primeira vez que se celebran as Xornadas das Alfombras e polo apoio que está mostrando a Asociación Cultural das Alfombras de Bueu que, con moito cariño e ilusión, loita por recuperar o prestixio do Corpus e, incluso, loitando polo recoñecemento desta festividade de interese turístico internacional. Neste sentido, no acto de presentación en roda de prensa do pasado 14 de abril, tanto o edil da vila como a presidenta da asociación, Carmen Santos Cidrás, salientaron a importancia desta festa para unir aos veciños do Concello e para
“recuperar o traballo de colaboración cidadá”, segundo Carmen Santos.