30/4/15

La Xunta cree que es el momento de estrechar relaciones por Cuba ante el futuro que viene en la isla

A XUNTA DESTACA A IMPORTANCIA DE REFORZAR A RELACIÓN CO GOBERNO CUBANO E COA COLECTIVIDADE GALEGA NA ILLA

  Alfonso Rueda compareceu no Parlamento para informar dos resultados da recente viaxe institucional á República de Cuba
  O vicepresidente incidiu na oportunidade de internacionalización para as empresas galegas neste momento de apertura do Goberno cubano

Feijóo y Raúl Castro
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia de reforzar os vínculos coa colectividade galega en Cuba e manter unha relación directa entre o Goberno galego e o cubano, nun momento de apertura no que se albiscan oportunidades económicas e comerciais para as empresas galegas.

Alfonso Rueda compareceu hoxe na Cámara galega onde informou sobre os resultados da recente viaxe institucional a Cuba -xunto ao secretario xeral para a Emigración, Antonio Rodríguez Miranda-, nun momento no que Cuba está a aperturar as súas relacións exteriores. Segundo explicou o vicepresidente, foi unha viaxe frutífera na que se abordaron tanto aspectos estritamente institucionais coma de tipo económico, nun momento no que Galicia debe ter un rol significativo nesta oportunidade de internacionalización para as empresas galegas

No marco económico mantivéronse reunións de traballo cos viceministros de Relacións Exteriores e Comercio Exterior e Investimento Estranxeiro, nas que se abordaron o marco de cooperación económico-comercial en sectores estratéxicos para a economía cubana como a agro-industria, o procesado de alimentos, as enerxías, a construción, as infraestruturas ou o tratamento de residuos, nos que o goberno galego vai traballar para incrementar as relacións económicas entre Cuba e Galicia. Ao mesmo tempo que fomentaranse o intercambio de experiencias, a transmisión de coñecementosa preparación dos mozos cubanos de ascendencia galega para este novo ciclo económico, así como a posibilidade das empresas galegas para investir e comerciar con este país.

Rueda tamén mantivo un encontro co viceministro de Cultura, co obxectivo principal de sentar as bases para unha cooperación cultural estable entre Cuba e Galicia, incluíndo a reactivación do ensino do galego en Cuba en colaboración co Ministerio de Cultura da illa e a Federación de Sociedades Galegas nesa República. 


Finalmente Rueda tamén se referiu á súa asistencia ao Festival “La Huella de España”, un evento bianual que Cuba e España desenvolven conxuntamente e que busca manter os lazos cultural, e que precisamente, esta vixésimo sexta edición estivo dedicada a Galicia e incluíu ata sete mostras culturais: dous concertos, dúas exposicións sobre o camiño de Santiago, dúas conferencias sobre o fenómeno Xacobeo e unha xornada de gastronomía galega e fusión gastronómica galego-cubana.