La Xunta mete mano en el lamentable estado del cauce del río Lagares

A XUNTA INICIA OS TRABALLOS DE RETIRADA DE TRONCOS E ÁRBORES CAÍDAS NO LAGARES PARA EVITAR EPISODIOS DE ASOLOGAMENTOS EN VIGO
  • Medio Ambiente vén de comezar os traballos de conservación e mellora a altura da rúa Muíños ata a rúa dos Olímpicos
  • Os traballos que se realizarán neste tramo, que suma unha lonxitude de case tres quilómetros, consistirán na retirada de árbores e ramas caídas no leito e no apeo das árbores secas con risco de caída
  • Es actuación súmase á outra executada neste mesmo río, a altura da rúa Manuel Álvarez e Ramón Nieto
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de iniciar unha actuación de conservación fluvial no río Lagares ao seu paso polo Concello de Vigo. A importancia destas tarefas radica no feito de que se eliminan obstáculos do leito do río, evitando así posibles episodios de asologamento en caso de choivas intensas.

As tarefas consisten na retirada de árbores caídas no leito e madeira morta que provocan atascos dende a rúa Muíños ata a rúa dos Olímpicos, nas parroquias de Coruxo, San Andrés de Comesaña e Castrelos. Tamén se procederá ao roce de determinadas zonas e á retirada de residuos urbanos localizados nas inmediacións. 
Esta actuación súmase a outra xa executada no río Lagares a principios de ano e que tamén consistiu na retirada árbores e troncos caído no leito do río que actuaban como obstáculos e que podían provocar episodios de asologamento en caso de choivas intensas. Os traballos centráronse no treito do río á altura das rúas Manuel Álvarez e Ramón Nieto, nu tramo de 650 metros de lonxitude.

Estas accións están enmarcadas no programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público das bacías de Galicia-Costa e as súas zonas de acceso e protección que a Xunta de Galicia está a desenvolver. 

Pulo ás actuacións de conservación e limpeza
Grazas ao Regulamento da planificación en materia de augas de Galicia, que inclúe as medidas necesarias para axilizar a limpeza dos ríos e as actuacións de emerxencia en época de seca, -entre outros puntos- a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas reduce de 6 meses a 15 días o período de tramitación para autorizar limpezas de ríos co fin de optimizar o estado ecolóxico das canles da Demarcación Galicia-Costa e evitar riscos de asolagamentos. 

Coa nova normativa só será necesario que o particular ou administración local correspondente comunique con 15 días de antelación as tarefas a executar a Augas de Galicia. Trátase dunha axilización fronte aos trámites actuais, que se traducen nunha duración de entre 4 e 6 meses por expediente. A día de hoxe, realizar este tipo de actuacións precisa unha presentación da solicitude, especificando o tramo e os traballos de limpeza, visita da gardería, informes técnicos e proposta-resolución. 

A simplificación no procedemento fomenta a vontade para mellorar os leitos da Demarcación Galicia-Costa, xa que a actual xestión provocaba que os solicitantes perderan a motivación de levar a cabo esta mellora e acción de mantemento nos ríos.