29/4/15

Los de "Cangas Decide" cambian la fecha de su prueba de Running

CANGAS DECIDE TRASLADA A I PROBA
DE RUNNING MASSÓ-LIMÉNS AO DÍA 17
DE MAIO PARA QUE NON COINCIDA COA
REALIZADA POR ADICAM (ASOCIACIÓN
DIAGNOSTICADAS DE CANCRO DE MAMA)

-A organización decidiu onte pospoñer a súa proba para que
os cangueses poidan participar en ambas as dúas carreiras.
-Gestido e parte do seu equipo participarán en ambas probas.
"ADICAM tivo que pasar a súa marcha ao día 10, coincidindo
coa nosa, e por iso decidimos, dado ao labor social" "que
representan, cambiar a nosa proba de running,".
-Devolverase o diñeiro ás persoas xa inscritas que non poidan
acudir o 17 de maio.

Cangas Decide, Love Run Acción
Deporte, o club de atletismo Vila de Cangas e o do Morrazo decidiron
cambiar a data da I proba de Running Massó-Liméns- Massó ao
coincidir a mesma coa organizada por ADICAM (Asociación
Diagnosticadas de Cancro de Mama).
Finalmente a carreira de Cangas Decide será o 17 de maio e non o
10, ás 11.30 h, e tal e como xa se anunciara o percorrido será de 8
quilómetros e está pensado para que todos vos veciños poidan
animarse a participar e descubran a espectacularidade do percorrido
pola costa Massó-Liméns-Massó. A I Proba de Running Masso Liméns
ofrece a oportunidade, ademáis de para fomentar hábitos de vida
saudables, para poñer en valor os principais puntos de interese
turístico de Cangas, como son as praias máis destacadas da vila.
Gestido, candidato á Alcadía de Cangas, anima os veciños a participar
en ambas as dúas carreiras. "É unha forma de contribuír cunha causa
moi importante no caso de ADICAM e de facer unha vida saudable. Eu
e parte do equipo imos ser partícipes de ambas probas", referiu