Mejoran el acceso a las muy visitadas salinas de VILABOA

98.000€ DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 
PARA MELLORA DA PISTA TOURLA- AS SALINAS EN VILABOA
A Deputación de Pontevedra aprobou este venres, na súa xunta de goberno, a concesión de 97.248 euros ao Concello de Vilaboa para mellorar o firme da pista que une os lugares de Toural e Paredes.
A obra, incluída nas partidas do Plan Provincial de Obras e Servizos (PPOS 2015), contempla o reasfaltado do tramo que vai de Toural- As Salinas cuxo estado actual está moi deteriorado. 

Estes traballos, que tamén inclúen a reparación do firme e a limpeza de gabias, van permitir mellorar as condicións de circulación pola pista mediante a instalación de canles e sinais de tráfico e 6 pasos de peóns elevados.