Moaña: el Bloque reafirma su compromiso con Tirán

Onte, no Encontro Parroquial de Tirán, Leticia Santos -candidata á alcaldía- fixo fincapé nos compromisos do proxecto do BNG-Asembleas Abertas con Tirán como a necesidade de retomar e seguir avanzando na posta en valor do litoral, do entorno da igrexa e dos camiños que atravesan a parroquia. Tamén valorou a importante achega das organizacións deportivas (s.d. Tirán) e da asociación de veciños.
No Encontro participou a veciñanza trasladando a necesidade de reestablecer as canles de comunicación co concello, respectando o regulamento de participación veciñal, o apoio co deporte de base e co ensino público a través do mantemento dos centros educativos nas mellores condicións.
O acto foi presentado polo deputado Daniel Rodas, veciño da parroquia e membro da candidatura BNG-Asembleas Abertas e nel tamén participou Odilo Barreiro, número 2 da candidatura, que explicou os dous piares básicos do proxecto de goberno para Moaña: participación (a través dos consellos parroquiais e sectoriais) e consenso que permita chegar a puntos de encontro entre os diferentes intereses da veciñanza.