29/4/15

Moaña : el BNG llevó su propuesta electoral a los vecinos de Meira

Leticia Santos, candidata del BNG Moaña
Convocados os representantes dos distintos colectivos e asociacións da parroquia de Meira no local da comunidade de montes da Fanequeira a candidatura do BNG les presentou o seu proxecto de goberno para o futuro de Moaña e as propostas concretas para a parroquia de Meira. "Explicamos que o noso programa electoral foi elaborado despois dun proceso de asembleas abertas xerais e sectoriais, onde foron tidas en conta as achegas feitas polas persoas que decidiron participar nelas. Nos encontros parroquiais como o de hoxe, presentamos  aos veciños e veciñas un proxecto serio e ao equipo capaz de desenvolvelo. Ademais de expoñelo desexamos obter información das asociacións e colectivos para logo concretar, durante o goberno, as liñas de actuación encamiñadas a atender ás prioridades de cada unha delas", referiron desde o BNG Moaña.
Algunhas das principais propostas do BNG-ASEMBLEAS ABERTAS para a parroquia de Meira son as seguintes:
-Rematar o PXOM, que leva parado catro anos e que permitirá aclarar a situación xurídica de certas zonas da parroquia que se atopan en suspenso.
-Xestionar a construción do auditorio municipal e centro multiusos de Meira na Xunqueira.
-Continuar coa recuperación do litoral en Samertolameu, xestionando a segunda fase, que permita a recuperación da illa (cuestión que xa fora levada polo BNG ao congreso dos deputados para que fora incluído nos orzamentos) 
-Traballar para devolver a bandeira azul á praia da Xunqueira e poñer en valor o areal do Cocho.
-Controlar e inspeccionar o funcionamento da EDAR, facendo unha separación previa de augas pluviais e fecais, para evitar verquidos ao mar e cubrila para evitar os malos cheiros, o que non deu feito o goberno actual en catro anos.
-Continuar coas beirarrúas na baixada á Peregrina, dándolle continuidade ao expediente de expropiación iniciado durante a anterior lexislatura e executalo, xa que o actual goberno o deixou caducar.

-Solicitar a humanización da estrada PO-550 da Borna a Domaio coa dotación de beirarrúas.