Partido político organiza en Cangas prueba de running

“CANGAS DECIDE” ORGANIZA O
PRÓXIMO 10 DE MAIO A I PROBA DE
RUNNING MASSÓ – LIMÉNS – MASSÓ
-A proba, que organizase en colaboración co Clube de Atletlismo Vila de Cangas, foi presentada na Casa da Cultura ante diversos clubes deportivos do municipio.
-O percorrido pola costa permitirá aos participantes descubrir os encantos do municipio.
-Gestido aposta por potenciar o deporte como hábito saudable e apoiar os diversos clubes de Cangas.

Cangas acollerá o próximo día 10 de maio, 
a partir das 11:30, a I Proba de Running Masso Liméns, unha iniciativa de Cangas Decide, que conta co apoio do Club de Atletismo Vila de Cangas e I Love Run Acción Deporte. O percorrido será de 8 kilómetros e está pensado para que todos os veciños poidan animarse a participar.
Os organizadores coincidiron en destacar a espectacularidade do
percorrido pola costa Massó-Liméns-Massó. A I Proba de Running
Masso Liméns ofrece a oportunidade, ademáis de para fomentar
hábitos de vida saudables, para poñer en valor os principais puntos
de interese turístico de Cangas, como son as praias máis destacadas
da vila. O percorrido será de 8 kilómetros e está pensado para que
todos os veciños poidan animarse a participar.
As inscricións poderán realizarse a partir do martes na páxina web de
Championchip(https://championchipnorte.com/evento/detalle/dp/1/p
age/4/id/482/carrera-popular-cangas-decide) e a través do enlace na
web de Cangas Decide www.cangasdecide.com .
A cota de participación ascende a 5 euros e inclúe unha camiseta
técnica. O importe íntegro da recadación obtida destinarase a
sufragar os gastos derivados da organización da carreira.
Esta proba foi presentada ante diversos clubes deportivos de Cangas.
Gestido e o seu equipo escoitaron as súas necesidades e
comprometéronse a fomentar o deporte e a apoiar aos diversos
clubes do municipio, se consiguen as actas de concelleiros que pretenden.