Sacan a concurso para dotar de balizas a las playas de Cangas

A XUNTA DE GOBERNO APROBA O PREGO PARA O SERVIZO DE BALIZAMENTO DAS PRAIAS DE CANGAS

A instalación do balizamento nas 19 praias canguesas deberá estar finalizada o día 1 de xuño de 2015. 

Unha vez rematado o prazo da empresa adxudicataria do último contrato de adxudicación do servizo de balizamento das praias de Cangas na temporada de verán, O Concello volve a ofrecer este servizo mediante proceso concursal que tan bo resultado de aforro está dando ás arcas municipais, tal como se fixo noutros servizos como telefonía ou seguros.

A Xunta de Goberno aprobou este luns pasado o prego para a prestación do servizo de instalación, mantemento, retirada, transporte e almacenamento dun sistema de balizamento nas praias do Concello de Cangas. O obxectivo deste balizado é a seguridade dos bañistas nos areais cangueses así como separar e delimitar estas zonas de baño coas dedicadas á navegación.

As praias nas que se instalará o balizamento as 10 que contan con bandeira azul: Rodeira, Areamilla, Liméns, Melide, Areabrava, Areneles, Nerga, Francón, Areacova e Menduíña e tamén se balizarán: Santa Marta, Barra, Viño, San Xián, Pipín, Castiñeiras, Pinténs, Vilariño e San Cibrán. En total, 19 praias. A instalación do balizamento de todas as praias indicadas deberá estar finalizada o día 1 de xuño de 2015 e abranguerá ata o 30 de setembro de 2015.

Nos criterios de adxudicación teranse en conta: o menor prezo ofertado, as melloras e o proxecto técnico propostos sen custe adicional, a xestión de calidade e a xestión ambiental. Unha vez recibida a documentación requirida, o órgano de contratación deberá adxudicar o contrato dentro dos 5 días hábiles seguintes á recepción da documentación. Esta notificación conterá toda a información necesaria para posibles recursos dos licitadores.

O órgano de contratación para a prestación do servizo de balizamento é a Xunta de Goberno Local.  O prazo para presentar as ofertas é de 15 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no BOP, e deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Cangas.


O prazo de duración do contrato será de dous anos susceptible de dúas prórrogas de caracter anual.