Tribuna Libre : "Sanidade Pública" y el final de las obras del nuevo hospital de Vigo

Diante da entrega tramposa ao SERGAS do Novo Hospital de Vigo, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública esixe rescatalo seguindo o exemplo de Francia

No ano 2006 a Administración Sanitaria Francesa adxudicou unha empresa privada (Eiffage) a construción dun hospital (Centre Hospitalier Sud-Francilien) ao sur de Paris. O contrato establecía o pago de 344 millóns de euros con canon anual de 35 millóns durante 30 anos. Un informe posterior da Cámara de Contas Francesa concluíu que este financiamento público-privada incrementaba o custo do centro a 1.200 millóns fronte aos 760 millóns da vía pública.

A historia deste centro hospitalario francés é moi parecida á do Novo Hospital de Vigo (NHV) en canto ao modelo de financiamento (PFI) e os sobrecustos. O NHV custará 1.880 millóns de euros a pagar en 20 anos, fronte aos 450 millóns do financiamento público a pagar en 15 anos acordada polo anterior goberno.

As similitudes entre ambos proxectos mostran o desastre económico que supón recorrer ao financiamento privado para construír e xestionar hospitais públicos. Con todo as diferenzas da actuación do Goberno Francés e o Galego mostran as diferentes formas de afrontar o fracaso do financiamento público-privada por ambas administracións:

·         Os dous hospitais planificáronse en datas próximas, executáronse utilizando a fórmula da colaboración público-privada, con sobrecusto descomunal, e ningunha das dúas adxudicatarias cumpriron as datas de entrega especificadas no contrato (máis de tres anos de atraso no caso de Vigo).
·         Un informe realizado por funcionarios franceses constatou máis de 7.000 fallos na construción (problemas de electricidade, defectos no sistema de auga quente, fallos na distribución dos gases medicinais, distribución do mobiliario que era un niño potencial para as bacterias, etc.). Un informe de técnicos da Xunta constatou tamén algo similar no Novo Hospital de Vigo que para manter a rentabilidade prevista no contrato do 6,92% á Concesionaria recortou drasticamente os edificios, as camas, o equipamento, a calidade dos materiais de construción, os accesos, etc. ,previstos no contrato. Ademais solicitou un préstamo de 180 millóns de euros ao Banco Europeo de Investimento para financiar o centro pese a que o contrato especificaba que é debería correr a risco e ventura da adxudicataria
Con todo a solución a estes graves problemas relacionados co financiamento privado foi moi diferente:
·         A dirección do Hospital Francés negouse a asinar a entrega do centro pola construtora (polos sobrecustos e as deficiencias na calidade de materiais, equipamento e fallos na construción) e suscitou ás autoridades públicas a necesidade de rescindir o contrato en base ao interese xeral para a sociedade. A posterior derrota de Nicolas Sarkozy, candidato conservador en mayo de 2012, facilitou que o novo goberno negociase coa concesionaria a anulación do contrato polo que o hospital pasou a ser de titularidade exclusivamente pública e a adxudicataria recibiu unha indemnización de 171 millóns de euros (en abril do 2014) . O Goberno Francés aforrou así 700 millóns de euros do pago do canon durante 30 anos.
·         En Vigo a Xunta de Galicia mantén o contrato coa adxudicataria (pese á gravidade dos incumprimentos) e pagará polo NHV catro veces máis que si fóra por financiamento público; cesou ao xerente (por motivos descoñecidos, aínda que previsibles) para poñer o seu lugar a un funcionario politicamente aínda máis adicto que recibiu o pasado día 24 días o Novo Centro pese ás deficiencias constatadas polos técnicos e a non estar terminado. Esta entrega tramposa permitirá que a Concesionaria comece a cobrar o canon e facilitará ao Goberno de Feijoo presumir dun Novo Hospital para a campaña electoral (aínda que esta manobra non lla cre ninguén en Vigo).
O artigo 210 da Lei de Contratos do Sector Público establece que os órganos de contratación ostenta poden interpretar os contratos administrativos, resolver as dúbidas que ofreza o seu cumprimento, modificalos por razóns de interese público, acordar a súa resolución e determinar os efectos da mesma.

Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública