XI TROFEO CONCELLO DE CANGAS DE CICLISMO se disputa este sábado

Soliño (Club Ciclista) y Soliño (concejal de Deportes)
en el acto de este jueves, en Cangas
Preto de 150 participantes competirán na proba que percorrerá as rúas dos concellos de Cangas e Bueu este sábado 25 de abril. 

Esta mañá presentouse na Fundación CangasDeporte a décimoprimeira edición do Trofeo Concello de Cangas Ciclismo. A proba celebrarase o sábado 25 de abril entre as 17:00h e as 19:30h e pasará polas rúas de Cangas e Bueu. O recorrido comezará na Praza de Abastos de Cangas e percorrerá Cangas, Darbo, Aldán, Beluso, Bueu, Alto da Portela, Magdalena, Coiro e Espíritu Santo. A meta será na Alameda Vella de Cangas, mesmo lugar onde se fará a entrega de premios.

Os ciclistas competirán en catro categorías diferentes: Master 60 (farán unha volta ao percorrido), Master 50 (dúas voltas), e Master 40 e Master 30 (darán 3 voltas). Cada volta son aproximadamente 25 kilómetros, polo que as dúas últimas categorías percorrerán unha distancia de 75 kilómetros. Os 150 deportistas que disputarán a proba proceden do ámbito galego, nacional e Portugal. 

Dende a organización, o presidente do Club Ciclista Cangas, Adolfo Soliño, destaca que será unha carreira grande, que “se pode ver deslucida polo mal tempo”. Aínda así, tanto el coma o Concelleiro de Deportes, Francisco Soliño, animaban a ver este gran espectáculo que contará cun altísimo nivel e no que participarán ciclistas xa coñecidos como Alejandro Paleo ou Alejandro Magallanes.

Cortes de tráfico 
Durante o sábado, haberá cortes puntuais de tráfico en horario de 17.00h a 19.30h polo paso dos ciclistas por determinadas zonas do municipio. Ademais, non se poderá estacionar no entorno da Alameda Vella de Cangas e Praza, e na rúa Eduardo Vicenti a partir das 14.00h.