“Xosé Filgueira Valverde. O intelectual, o galeguista, o profesor, o investigador”, interesante síntese biográfica por conta do profesor Alonso Montero

XESÚS ALONSO MONTERO PRESENTA UN LIBRO QUE RECOLLE IMAXES E DOCUMENTOS A FACETA GALEGUISTA, INTELECTUAL, DOCENTE E INVESTIGADORA  DE XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE. 
  • Xosé Filgueira Valverde. O intelectual, o galeguista, o profesor, o investigador,  unha síntese biográfica de 80 páxinas sobre o “sabio pontevedrés” homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. 
  • Editado por Ir Indo e coa colaboración da Deputación de Pontevedra, este “libro de santos” segundo o propio Alonso Montero ofrece un resumo ilustrado con imaxes e documentos que axudan a coñecer máis polo miúdo ó considerado “último polígrafo” galego. 
  • A obra presentouse oficialmente  no sexto edificio do Museo de Pontevedra (20.00horas),
O presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, desvelou na Deputación de Pontevedra algunas das chaves da súa última obra  Xosé Filgueira Valverde. O intelectual, o galeguista, o profesor, o investigador. Acompañado pola deputada Ana I. Vázquez, polo fillo do “vello profesor” e presidente da Fundación Filgueira, Fernando Filgueira, e do editor da publicación, Bieito Ledo, Xesús Alonso Montero aclarou que “este é un compromiso que adquirín, dous anos antes de que a Real Academia decidise adicarlle o Día das Letras galegas, de honrar a figura  do último polígrafo galego e de quen foi protagonista dun capítulo esencial da cultura galega do S. XX”.  

Libro de santos do sabio pontevedrés
El profesor Alonso Montero
Unha biografía novidosa publicada, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, pola editorial Ir Indo na súa colección adicada ás personalidades destacadas das historia galega. 
En palabras do editor, Bieito Ledo, o libro “presenta varias novidades  con respecto ás publicacións anteriores que definen un novo formato nesta colección” destacando especialmente que se “recollen 70 ilustracións de fotografías e documentos que ratratan non só fisicamente a Xosé Filgueira Valverde senón tamén deixan ver a  súa alma e axudan a entender o que Alonso escribe  del”.  Imaxes que Fernando Filgueira definiu como “fotos entrañables e descriptivas que recollen a labor de Filgueira Valverde a prol da lingua, do país, e do seu interese por prolongar a idea de país entre a xente”. 
A publicación de  Xosé Filgueira Valverde. O intelectual, o galeguista, o profesor o investigador enmárcase dentro dun programa máis extenso de actividades organizadas pola Deputación de Pontevedra co gallo da celebración do 17 de maio. Actividades que contribúen a difundir a figura dun pontevedrés destacado: secretario do Patronato do Museo de Pontevedra en 1929, Director do Museo en 1940,  alcalde da cidade na década dos 60 e Medalla de Ouro da Provincia en 1977, entre outros moitos e destacados recoñecementos e traballos que marcan a súa biografía.
A deputada Ana I. Vázquez salientou que se trata dunha “aposta máis da Deputación por homeneaxear unha personalidade de recoñecido prestixio que ten máis que merecido o premio e o recoñecemento” que recibe este ano por parte da Real Academia Galega na súa decisión de adicarlle o Día das Letras Galegas. 

A biografía iconográfica do obreiro da causa galega
Xosé Filgueira Valverde. O intelectual, o galeguista, o profesor o investigador preséntase como unha síntese  de 80 páxinas que Alonso Montero cataloga como un libro de santos que artellado en 9 capítulos ofrece unha reseña bibliográfica do profesor e investigador pontevedrés atendendo ás achegas que fixo no ámbito da literatura, do saber humanístico e da docencia. Mais na súa “admiración intelectual por Filgueira Valverde”, o presidente da Real Academia Galega tamén relata como “a conciencia moral” do pontevedrés  o levou a deixar Partido Galeguista para “erosionar dende dentro o edificio intelectual do franquismo”
Xesús Alonso Montero dí que neste volumen ofrece un resumo do seu recente libro publicados por Xerais (“Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual”) pero coa característica de que presenta un rivo material iconográfico que delata a memoria do “sabio pontevedrés” e a gratitude coa que o autor da obra fala do que considera o “último polígrafo galego, protagonista dun capítulo esencial da cultura galega do S. XX


A presentación oficial desta biografía, Xosé Filgueira Valverde. O intelectual, o galeguista, o profesor o investigador tería lugar oficialmente nunha charla con Xesús Alonso Montero,  autor da obra,  no sexto edificio do Museo de Pontevedra