27/5/15

2 incendios en Vilaboa para comenzar el día

ACTIVOS DOUS INCENDIOS FORESTAIS REXISTRADOS NO CONCELLO PONTEVEDRÉS DE VILABOA, PARROQUIA DE COBRES
  • Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada en conxunto por ambos lumes está arredor das 20 hectáreas
  • Extinguido ás 01:13 desta madrugada o lume rexistrado no concello pontevedrés de Agolada, parroquia de Val de Sangorza
 A Consellería do Medio Rural e do Mar informa de 2 incendios forestais activos arestora no municipio pontevedrés de Vilaboa, na parroquia de Cobres.

Estes lumes iniciáronse de xeito simultáneo ás 02:12 horas desta madrugada e continúan activos. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada en conxunto por ambos lumes está arredor das 20 hectáreas, a maioría arboradas. Nos traballos de control participan 2 técnicos, 4 axentes forestais, 12 brigadas, 6 motobombas, 2 pas e 1 avión.

Extinguido Agolada
Por outra banda, ás 01:13 horas desta madrugada quedou extinguido o lume forestal rexistrado no concello pontevedrés de Agolada, parroquia de Val de Sangorza. Este incendio iniciárase ás 16:11 horas de onte martes e afectou unha superficie estimada de 33,18 hectáreas, das cales 23,23 corresponden a monte raso e 9,95 a arborado.

Nos labores de extinción deste lume participaron 1 técnico, 5 axentes forestais, 9 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 1 avión.


A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.