A CHARANGA "AIR JALISIA" ACTUOU NA PRAZA DE ABASTOS DE CANGAS

O Concello de Cangas aposta por activar o comercio local

O grupo de vendedores da Praza de Abastos teñen intención de avivar a praza con diferentes actividades. Pola súa parte o Concello de Cangas sigue mostrando seu apoio a estas iniciativas e axudando á Praza de Abastos na adopción de medidas para dinamizar o mercado.

Esta mañá foi a Charanga Air Jalisia a encargada de amenizar, coa súa música, as compras de tódolos clientes que se achegasen ao céntrico mercado cangués. Sen embargo chamaba a atención de tódolos transeúntes que pasaban pola zona que non podían evitar achegarse ao interior do mercado para poder gozar da magnífica actuación que non deixaba indiferente a ninguén.


Con estas actividades a Asociación de vendedores da Praza de Abastos pretenden achegar aos veciños ao mercado e ao seu produto, ofrecendo distintas alternativas e ocio a todos. Sendo unha xornada satisfactoria tanto para vendedores como clientes.