Bueu demuestra sus habilidades en el juego de la billarda

FINAL DE ‘CACHIZA’ EN SANSENXO CON VARIAS VITORIAS BUENENSES

O sábado 23 de maio celebrouse a final do campionato de billarda na praza do mar de Sansenxo, onde  Bueu estivo moi presente. Este xogo, coñecido en Bueu como cachiza, estase recuperando en diversas zonas de Galicia, e ata hai unha Liga Nacional de Billarda, encargada de estipular o regulamento e as diferentes datas das xornadas. 
Na vila buenense implicáronse moito por recuperar este xogo popular que fomenta a creatividade e une o espírito de grupo.De feito, os campionatos máis recentes na vila foron o de Beluso, que se celebrou o 20 de decembro de 2014, e o campionato de Bueu, que tivo lugar o 27 de setembro do 2014. 
As clasificacións finais tras esta 16ª xornada con 74 participantes deron a Bueu seis trofeos: Ricar foi o terceiro campión absoluto do equipo Corredoiras Rías, Bego Ríos e Lu tamén quedaron de primeira e segunda na categoría feminina. Pola súa banda, en infantil, Geno de Corredoiras Sur de Bueu quedou terceiro. Por último, na clasificación de varados, Ricar e Suso lograron un primeiro e terceiro posto.
Por equipos, Corredoiras Rías de Bueu quedou de terceiro, por detrás de Gharaboto de Marín e Rinoceronte de Pontevedra.

Tras a última xornada de Sansenxo, do equipo de Corredoiras, clasifícáronse cinco xogadores para a final nacional. Na categoría feminina, clasificáronse tres buenenses, os mesmos ca en infantil.