Cita para los jóvenes con las nuevas tecnologías y programas informáticos en el recinto de la Semana Verde

A XUNTA DESTINA 25.000 EUROS Á ORGANIZACIÓN DUN ENCONTRO INFORMÁTICO PARA MÁIS DE 1.000 MOZOS NA SEMANA VERDE
  • A conselleira de Traballo e o vicepresidente da Xunta asinaron un convenio para o desenvolvemento do evento
  • O Goberno autonómico considera necesario darlle á xuventude a posibilidade de ter un punto de referencia sobre as novas tecnoloxías 
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o vicepresidente da Xunta e presidente do padroado da Fundación Semana Verde de Galicia, Alfonso Rueda, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun encontro informático que prevé poida reunir a máis de 1.000 mozos e mozas durante varios días nesta localidade de Silleda.

O departamento autonómico quere brindar así á xuventude unha oportunidade para intercambiar coñecementos e experiencias da sociedade da información e no manexo das novas tecnoloxías, dado que na actualidade o seu uso e coñecemento é imprescindible. 

Este encontro informático terá lugar previsiblemente na segunda quincena de setembro na sede da Fundación Semana Verde en Silleda onde se desenvolveran distintas actividades  lúdicas  e formativas coas novas tecnoloxías e novos programas informáticos como protagonistas. 


A vixencia do convenio estenderase ata o 15 de novembro de 2015, se ben poderán subvencionarse con cargo ao mesmo gastos relacionados directamente coa organización do evento desde o 1 de xaneiro deste ano.