Comienzan las obras de la nueva tribuna en el Campo Morrazo, en Cangas

COMEZAN AS OBRAS DA NOVA BANCADA DO CAMPO DO ALONDRAS

A obra estará cofinanciada polo Concello de Cangas e a Deputación de Pontevedra 

As obras do Campo do Morrazo xa deron comezo coa chegada da maquinaria e a retirada do cableado eléctrico. Con esta reforma pretenden remodelar a bancada, visiblemente degradada polo paso de tempo xa que data dos anos 70 e presenta perigo de derrubamento. 

As tarefas a acometer da obra son: derrubar a bancada existente e as súas instalacións inmediatamente inferiores por completo, así como o depósito que se atopa a continuación desta grada, ao lado da entrada principal. Inmediatamente procederase á construción dunha nova grada que se levantará metro e medio máis que a actual, para dar cabida aos recintos que se queren por inmediatamente baixo dela. Estas serán acordes coas necesidades actuais do club: dous vestiarios a maiores, uns baños adaptados, un ximnasio, lavandería, un local social do club máis amplo, ademais de todas as instalacións deportivas que permitan un correcto desenrolo das actividades do club. 

Coa distribución proposta existen percorridos totalmente diferenciados para os usuarios das instalacións respecto do público en xeral que acceda ao campo, dispondo dunha rampla de acceso para persoas con mobilidade reducida. Esta bancada xa sufriu distintas remodelacións con vistas a mellorar as instalación engadindo incluso unha ampliación para os espectadores, o que propiciou que a día de hoxe existan múltiples alturas diferentes de planta. 

Esta obra está cofinanciada polo Concello de Cangas e a Deputación de Pontevedra. O orzamento de execución material do presente proxecto ascende a 661.052,74€