Continúa la promoción de los llamados "puertos inteligentes"

A realización desta xornada foi acordada na última reunión de coordinación de Autoridades Portuarias 

PORTOS DE GALICIA ORGANIZA O VINDEIRO MES DE XUÑO UNHA XORNADA DE I+D+i SOBRE OS SMARTPORTS OU “PORTOS INTELIXENTES”
  • O obxectivo desta xornada é dar a coñecer desde a Administración as prioridades e necesidades no que se refire a infraestruturas e xestión portuaria
O ente público Portos de Galicia, adscrito á Consellería do Medio e do Mar, organiza para o vindeiro mes de xuño unha xornada de I+D+i no que o asunto principal será o dos smartports ou “portos intelixentes”. A decisión de celebrar esta xornada foi un dos resultados da última reunión de coordinación levada a cabo entre a Consellería do Medio Rural e do Mar, as Autoridades Portuarias e Portos de Galicia, celebrada hai un mes na cidade de Vigo.

Nesta reunión valorouse por parte de todas as administración portuarias a situación dos proxectos de investigación e a súa concreción de acordo coas condicións de financiamento e obxectivos dos mesmos. Na xornada programada para finais de xuño participarán, ademais das administracións portuarias, profesionais e empresas que expoñerán ao longo deste dia de traballo diversos relatorios.

O obxectivo desta xornada é dar a coñecer desde a Administración as prioridades en canto a infraestruturas e xestión portuaria, dando conta de diversos proxectos de investigación e desenvolvemento.

Neste senso, Portos de Galicia está interesado en actuar na coordinación de emerxencias, uso de equipos non tripulados para xestión e explotación dos portos, control de videovixilancia de portos e instalacións portuarias, trazabilidade do peixe e monitorización dos equipos de sinais marítimas e mantemento das mesmas.