Gastando solamente 2.600 euros, Asemblea pola Unidade logró 3 concejales en Cangas

Asemblea Pola Unidade referiu nas últimas horas que no sábado 30 de Maio, as 20 horas e na Casa da Cultura tivo lugar a primera Asemblea de ASPUN despois das eleccións, cunha asistencia moi numerosa.
O primeiro punto da orde do día foi a valoración dos resultados facendo unha autocrítica e recoñecendo que en liñas xerais foron moi positivos.
Seguidamente informóuse do contido das reunións mantidas có BNG e con ACE e do acto protocolario có alcalde saínte.
"Posteriormente aprobóuse o grupo de persoas que van participar nas reunións para conformar un goberno de esquerdas, indicando os elementos básicos a ter en conta. Entre estos está seguir coa metodoloxía asemblearia na que se informa puntualmente a veciñanza, respetar e facer respetar o Código Ético có que nos presentamos e considerar as tres forzas como iguais no proceso que agora se inicia.
Coincidíuse na interpretación do mandato emanado das urnas: un goberno de esquerdas e unidade de acción. Para facer o traballo é necesario unha equipa, aprobóuse e queda aberta a todas aquelas persoas que teñían algo que aportar. Tamén se informou do estado de contas onde é significativo que se fixo toda a campaña con 2600, unha mostra de traballo e xestión económica eficiente", referen os portavoces da ASPUN de Cangas, nunha nota de prensa.