MARCHA PEDESTRE ANDAR E CORRER es este domingo, en Cangas

Acto de presentación
Este domingo, día 31 de maio, coincidindo co DÍA MUNDIAL SIN TABACO, a Asociación Española Contra o Cancro – Cangas organizará unha MARCHA PEDESTRE ANDAR E CORRER polas rúas de Cangas, en colaboración co Club Atletismo Vila de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

A proba, que será de carácter benéfico (2 € inscripción), terá a súa saída na Alameda Vella de Cangas, a partir das 10.30 h, e nela poderán participar todos/as os interesados/as (independentemente do seu sexo e idade), previa inscripción nas proximidades do palco da Alameda, a partir das 09.30 h.

Os percorrido serán os seguintes:
-    MARCHA ANDAR: Alameda Vella – Desvío Frigoríficos – Volta Area Milla – Alameda Vella
-    MARCHA CORRER: Alameda Vella – Desvío Frigoríficos – Volta Area Milla – Praia Rodeira – Alameda Vella

Unha vez rematada a marcha, o Ximnasio California Gym organizará unha sesión de zumba na que poderán participar todos os interesados.