O "I MERCADO DO PAN DE BUEU", INICIATIVA PARA DAR A COÑECER OS PANS LOCAIS ESTA FIN DE SEMANA

Este venres ás 10 horas, o I Mercado do Pan de Bueu dará o pistoletazo de saída no segundo andar da Praza de Abastos da vila. En total haberá cinco panaderías participantes nesta iniciativa de potenciación do comercio local (A Bicha, O Romano, Olga, Amador e Freire), que estarán acompañadas doutro stand onde estará a chef Cristina Millán, de Casa Quintela, que ofrecerá pinchos e tapas feitos coas variedades de pan ofertados. E neste mercado tampouco pode faltar o viño, polo que a Asociación de Viticultores de Bueu contará cun posto para a degustación do viño Tinta Femia, variedade que se cultiva na parroquia de Cela.
O horario de apertura será o sábado de 10 a 14 horas e de 17 a 21 e o sábado, Día dos Mercados, de 10 a 14 horas.
Na presentación celebrada onte na Cámara de Comercio de Pontevedra, Félix Juncal resaltou o traballo do Concello na potenciación dos produtos locais, destacando o mercado ecolóxico que se vén celebrando cada tres meses na vila. Tamén destacou a importancia do segundo andar da Praza “que se remodelou co obxectivo de que se converta nunha estancia para o impulso dos produtos locais”.
Esta iniciativa ten moita importancia en Bueu xa que “é un Concello que conta con máis pans que parroquias e queremos dar a coñecer o traballo importante que fan as panaderías da zona”, en palabras de Juncal.

Ademais, o mes de xuño tamén vén cargado de actividades na Praza de Abastos. O venres 5 desenvolverase a actividade “Come o mar” do proxecto Mar Galaica do Gac6 Ría de Pontevedra, do que se encargará a empresa Innove. Haberá un obradoiro co nome de “Come e cata”, que irá destinado a cata a cegas de receitas con produtos do mar que normalmente son rexeitados o venres pola tarde, e a proxección dun documental do Cetmar na sala de uso múltiples da Praza.