O Morrazo : extinguidos los incendios de Vilaboa

EXTINGUIDOS OS INCENDIOS FORESTAIS REXISTRADOS NO CONCELLO 
DE VILABOA, PARROQUIA DE COBRES
  • A superficie afectada segundo estimacións provisionais ata o seu parametrizado é de 60 e 15 hectáreas de monte arborado
A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción dos incendios forestais rexistrados no municipio pontevedrés de Vilaboa, na parroquia de Cobres.

Os lumes iniciáronse ás 2h12 da madrugada de onte e quedaron extinguidos ás 15:02 horas de hoxe. Segundo estimacións provisionais ata o seu parametrizado, a superficie afectada é de 15 e 60 hectáreas de monte arborado.

Os medios que traballaron na extinción do lume de menor dimensión son 4 técnicos, 5 axentes forestais, 11 brigadas, 6 motobombas, 1 avión e 4 helicópteros. No outro lume participaron 6 axentes forestais, 12 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 1 helicóptero e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.