28/5/15

Se acabó ir a Portugal : la vacuna de la meningitis B se podrá comprar aquí

O presidente da Xunta anunciou esta medida na rolda de prensa do Consello, logo de que lle fose comunicada onte nunha conversa co ministro de Sanidade, Alfonso Alonso

FEIJÓO CELEBRA QUE O GOBERNO ATENDA A DEMANDA DE GALICIA E AUTORICE A VENDA EN FARMACIAS DA VACINA CONTRA O MENINGOCOCO B 
  • Precisa que o pasado luns tivo a oportunidade de abordar esta cuestión nunha xuntanza que mantivo co titular de Sanidade, onde defendeu a postura que Galicia viña mantendo desde hai semanas cando, dixo, “nos pronunciamos dunha forma moi clara”
  • Avanza que os servizos do Ministerio de Sanidade iniciarán agora o proceso para contactar cos laboratorios e que a vacina contra o meningococo B poida estar dispoñible nas farmacias de toda España “en poucos meses”; unha decisión que agradeceu e cualificou de “axeitada”
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, celebrou hoxe que o Goberno central vaia autorizar a venda nas farmacias españolas da vacina contra o meningococo B, tal e como Galicia viña demandando. Así o adiantou na rolda de prensa do Consello, logo de manter onte unha conversa co ministro de Sanidade, Alfonso Alonso, na que lle comunicou esta decisión.

O mandatario galego precisou que o pasado luns tivo a oportunidade de abordar esta cuestión nunha xuntanza que mantivo co titular de Sanidade, onde defendeu a postura que Galicia viña mantendo desde hai semanas cando, dixo, “nos pronunciamos dunha forma moi clara”. 

Segundo concretou, tal e como lle comunicou o ministro Alfonso Alonso na conversa que ambos os dous mantiveron onte, os servizos do Ministerio de Sanidade iniciarán agora o proceso para contactar cos laboratorios e que a vacina contra o meningococo B poida estar dispoñible nas farmacias de toda España “en poucos meses”. Unha decisión que agradeceu e cualificou de “axeitada”.


“Este procedemento está en marcha, e eu espero que os pais que teñen unha receita dun pediatra poidan retirar esa vacina no momento en que chegue a todas as farmacias españolas”, aseverou, rematando así, coa situación actual, que “estaba provocando unha serie de tensións e desacougos nas familias galegas dunha importancia non menor”.