30/6/15

Orden expresa de Feijóo : los presupuestos de Galicia en el 2016 priorizarán el crecimiento económico, el esfuerzo inversor y la creación de empleo

OS ORZAMENTOS PARA 2016 PRIORIZARÁN AS POLÍTICAS DE GASTO ENCAMIÑADAS A POTENCIAR O CRECEMENTO ECONÓMICO, O ESFORZO INVESTIDOR E A CREACIÓN DE EMPREGO

  • Impulsaranse a economía do coñecemento, a cohesión social, o crecemento sostible e unha administración máis eficiente, moderna e próxima ao cidadán
  • Cada proxecto de gasto contará con indicadores que determinen o seu grao de execución e a consecución dos obxectivos
  • O proceso orzamentario articularase ao abeiro da Comisión de análise e avaliación dos obxectivos dos programas de gastos, a Comisión de ingresos propios e finalistas e a Comisión funcional do gasto
A orde da Consellería de Facenda que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) fixa como prioridades para a elaboración dos Orzamentos da Xunta para 2016 as políticas de gasto encamiñadas a potenciar a recuperación da actividade económica, co obxectivo de mellorar a senda de creación de emprego e aproveitando ao máximo o esforzo investidor.

Así, as instrucións incluídas nesta orde fixan que os orzamentos para 2016 axustaranse a criterios como a empregabilidade e o crecemento intelixente a través da modernización integral do sistema produtivo baseada na innovación, o coñecemento e a internacionalización. Destaca tamén a mellora da cohesión social e benestar e a calidade de vida para conseguir unha sociedade máis xusta que garanta a igualdade de oportunidades.

Igualmente, apostarase polo crecemento sostible que poña en valor o potencial medioambiental e turístico de Galicia, as enerxías renovables e o fortalecemento do sector primario. Potenciarase ademais o fomento das competencias dixitais na sociedade e aqueles obxectivos encamiñados a acadar unha administración que sexa eficiente, moderna e máis próxima ao cidadán.

Segundo establece a orde, cada proxecto de gasto incluído nos Orzamentos da Xunta para 2016 deberá contar cos oportunos indicadores que permitan determinar o seu grao de execución, así como a súa contribución á consecución dos obxectivos aos que estean vencellados.

Tres comisións
Baixo estas premisas, o proceso orzamentario estrutúrase en torno a tres comisións. Así, a Comisión de análise e avaliación dos obxectivos dos programas de gastos avaliará os obxectivos estratéxicos e operativos asignados aos distintos programas de gasto e aos seus indicadores de resultado, así como a coherencia dos indicadores de produtividade asignados a cada partida orzamentaria. 

Pola súa banda, á Comisión de ingresos propios e finalistas corresponderanlle as tarefas de determinación, análise e agregación dos datos precisos para elaborar as previsións sobre taxas e prezos e demais ingresos de dereito público, sobre ingresos de carácter finalista procedentes da Administración do Estado ou doutras administracións públicas e sobre as correspondentes aos organismos autónomos e axencias. 

Finalmente, a Comisión funcional do gasto formulará e determinará a distribución do orzamento por programas, capítulos e proxectos de gasto.


29/6/15

Constitución del Consello Escolar Municipal de Moaña

Hoxe 29 de xuño de 2015 ás 20:00h no Salón de Plenos de Moaña constituirase o Consello Escolar Municipal de Moaña. 
Este organismo colexiado no que está representada toda a comunidade educativa do concello levaba máis e catro anos sen reunirse. 
Está integrado por 7 representantes do profesorado (4 CIG, 1 STEG, 1 CCOO, 1 ANPE), 5 representantes dos grupos municipais (2 PP, 1 BNG, 1 PSOE, 1 XM), 4 representantes da Federación de ANPAS Arco da Vella, 3 representantes do alumnado escollidos en votación o pasado mércores, 1 representante da Federación de Asociacións de Veciños A Chamusca  e 1 representante da administración educativa. 
A orde do día será a seguinte:

1. Constitución do Consello Escolar Municipal de Moaña. 
2. Campamentos de verán 2015. 
3. Proposta de resolución sobre a creación dos fondos solidarios de libros de texto.
4. Necesidades infraestruturais dos centros educativos: priorización das mesmas.
5. Varios. 

O goberno de Moaña dálle moita importantancia a esta xuntanza para planificar e priorizar en base a criterios obxectivos as actuacións do Concello nos centros escolares durante o verán (punto 4) e para darlle o visto bo á programación de actividades de verán (punto 2) ademais de ter un posicionamento público ao redor do tema mais candente neste momento nos centros escolares (punto 3). 

Lunes : los 40 grados de Ourense y la cuenca del Miño, la Xunta alerta nivel naranja

A XUNTA ALERTA DUN EPISODIO DE TEMPERATURAS MÁXIMAS DE NIVEL LARANXA PARA ESTA TARDE NA ZONA DO MIÑO E NOROESTE DA PROVINCIA DE OURENSE
  • Para hoxe espéranse 40 graos, o que significa nivel laranxa, en varias zonas do interior da Comunidade
  • Ante este episodio de temperaturas máximas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior propón unha serie de consellos e recomendacións
A Xunta de Galicia alerta dun episodio de temperaturas máximas de nivel laranxa que se iniciará ao mediodía de hoxe e finalizará ao remate do día nas zonas de Miño e noroeste da provincia de Ourense. Segundo as estimacións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), poderán alcanzarse ata 40 graos centígrados ao longo da tarde.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos afectados, aos servizos provinciais de Protección Civil, e aos bombeiros, entre outros. 

Consellos e recomendacións
Ante este episodio de temperaturas máximas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior propón unha serie de consellos e recomendacións, especialmente ás persoas maiores, discapacitadas, nenos menores de 5 anos, persoas con enfermidades crónicas, que tomen algunha medicación habitualmente ou que realizan traballos físicos intensos ou deporte ao aire libre:

  • Limite a súa exposición ao sol, permaneza en lugares protexidos do sol o maior tempo posible e mantelos ben ventilados.
  • Teña en conta que o entrar e saír destes lugares, prodúcense cambios bruscos de temperatura que poden afectarle.
  • Tome comidas lixeiras e regulares, bebidas e alimentos ricos en auga e sales minerais, como as froitas e hortalizas, que lle axuden a repoñer as sales perdidas polo suor. 
  • Vístase con roupa adecuada de cores claros, cubrindo a maior parte del corpo, especialmente, a cabeza. 
  • Evite exercicios físicos prolongados nas horas centrais do día. 
  • Interésese por persoas maiores e enfermas próximas, que vivan solas ou illadas. 
  • Nunca deixe a nenos nin persoas maiores no interior dun vehículo cerrado.


Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 www.112galicia.org, que conta con información meteorolóxica máis detallada e con enlaces de interese.

Bueu acomete la reparación y mejora en el pabellón "Pablo Herbello"

O CONCELLO INICIA O PROCESO DE INVITACIÓN PARA A EXECUCIÓN DAS PRÓXIMAS OBRAS
O Concello de Bueu procedeu á invitación directa de varias empresas para executar as obras de reparación e melloras no Pavillón Municipal Pablo Herbello, con cargo ao PPOS 2015 e cun custe de 61.000 euros.
O proxectos técnico e a invitación foron subidos ao perfil do contratante, e a partir de hoxe disporán de oito días para presentar a oferta. No proceso de adxudicación o único criterio de selección válido será o da oferta económica máis vantaxosa, excepto que se observen situacións anormais ou desproporcionadas, nas que o Concello poderá solicitar informes técnicos.
Estas obras inclúen tres actuacións: reparación dos caneiros da cuberta do pavillón para a eliminación de filtracións, modificación da saída de emerxencias da á sureste do pavillón e a construción dun almacén, e substitución das canalizacións de auga quente e fría nos vestiarios.

Ademais, nestes días tamén se están enviando as correspondentes invitacións para as obras de pavimentación de dous viais municipais (o de acceso á praia de Mourisca e o que une os núcleos de Norte e da Cividade) e o de rexeneración da nave de Pescadoira. 

EL ALTAMAR DIEZ VENCE EN LA “XI REGATA DAS ILLAS”

El Deep Blue se impuso en la categoría ORC 2 y el Mazinger II en menores de 23 pies.

Con el inicio del verano el R.C.N. Rodeira organizó la ‘XI Regata das Illas’, que se consolida en el calendario de regatas de crucero en la ría de Vigo por su atractivo recorrido, por su espléndida organización y también por el buen ambiente que se crea en el puerto deportivo de Cangas y que hace volver cada año a esta cita a las mejores tripulaciones de la ría.
A las 15,30 h. el comité de regatas procedió a dar la señal de salida con la que daba inicio a la prueba que llevaría a la flota a tomar rumbo hacia la isla de Toralla, en rumbo de ceñida con brisa fresquita del NW que al final del tramo rolaría y bajaría en intensidad permitiendo un rumbo al descuartelar. Viraron la boya de Bondaña el Altamar, el Unus y el Balea Dous, en cabeza de la flota para poner rumbo a la Punta de Subrido con un viento que por zonas flojeaba permitiendo a los más ligeros, Deep Blue, Náutico Cormorán y Pitoucho, acercarse a los barcos de cabeza. Tras el paso de Subrido, donde prácticamente se mantuvo el mismo orden de paso, comenzó un rumbo de popa hacia Bondaña en el que la táctica elegida por cada barco fue determinante para el resultado final de la regata. Altamar, Unus, Náutico Cormorán y Pitoucho, escogiendo el bordo interior consiguieron distanciar a los rivales que hicieron el bordo exterior. La vuelta desde Bondaña a Cangas fue un rápido través que no dio opciones a más cambios, salvo el Pitoucho que por problemas con su spí cedió su puesto al Deep Blue.
Al final, tras la compensación de tiempos que corresponde para equiparar a los barcos diferentes, la clase ORC 1, se la llevó el “Altamar Diez” de Juan González del C.N. Punta Lagoa, seguido del “Escuela Nautico Cormorán” de Ivan Pérez del C.N. Isla de la Toja, cerrando el podio el “Unus” de Luis Manuel García del C.N. Punta Lagoa.
En la clase ORC 2 la victoria final fue para el “Deep Blue” de Vicente Cid del R.C.N. Vigo seguido del “Pitoucho” de José Carlos Ruíz del L.M. de Bouzas, ocupando la última plaza de honor el “Mandrake” de Alexandre Argones del C.N. Punta Lagoa.
En la clase de embarcaciones de hasta 23 pies, que navegaban en tiempo real, se impuso el “Mazinger II” de Manuel Jorge del C.N. Punta Lagoa, siendo segundo el “Mariavera” de Carlos Costas del R.C.N. Rodeira, finalizando tercero el “Coveliño” de Lucas Álvarez, también del R.C.N. Rodeira de Cangas.
Al final de la tarde, se realizó el acto de entrega de premios consistentes en platos conmemorativos de cerámica realizados en exclusiva para este evento por el taller local “Cerámica Suve” y diversos objetos de material náutico, obsequio de la firma local “Ibericamar”. 

EXPOSICIÓN DE PINTURA E BORDADO NA SALA DOMÍNGUEZ BÚA, en BUEU

Entre hoxe, 29 de xuño, e o 5 de xullo, a sala Domínguez Búa terá expostos diferentes traballos de pintura e bordado realizados pola Asociación de Mulleres Rurais Mar e Agro. A asociación expoñerá arredor de cinco traballos por cada unha das oito persoas que acoden ás clases de labores de costura e das doce que acoden a pintura. O horario de visita será o mesmo co da Oficina de Turismo e os visitantes poderán ver diferentes tapetes, manteis, cadros e algunhas mostras de pintura en tea, elixidos entre os que máis lles guste a cada unha das alumnas.

A Asociación Mulleres Rurais conta cun total de corenta socias e acoden a diversas actividades, entre as que se inclúen obradoiros da Deputación (o próximo será un de memoria) e outras actividades que realizan en locais do Concello.

Inauguración en Vigo de las nuevas instalaciones de Banco Mediolanu

Este martes, 30 de junio, a las 12:00 horas, tendrá lugar la inauguración del nuevo Centro de Atención al Cliente en Vigo de los Family Bankers de Banco Mediolanum, el banco especializado en la gestión del ahorro y los servicios bancarios de las familias, ubicado en Avda. García Barbón, 6.
En el acto participarán David Cabañó, director xeral de Política Financeira e Tesouro de la Xunta de Galicia; Vitorio Colussi, consejero delegado de Banco Mediolanum; e Ivonne Pousa, responsable en Galicia de Banco Mediolanum.

Bueu avanza con una nueva edición de la fiesta del pulpo

SILVIA CARBALLO REÚNESE COS HOSTALEIROS BUENENSES PARA ULTIMAR A FESTA DO POLBO 

Este martes 30 de xuño ás 10 horas, a concelleira delegada de Economía, Silvia Carballo, reunirase cos hostaleiros e hostaleiras interesados na celebración da festa do polbo deste ano. A semana pasada xa tiveron unha reunión co colectivo, na que se lle explicou a posibilidade de engadir ou non o xoves 13 de agosto á celebración que será na fin de semana do 14,15 e 16. Os interesados debaterán sobre este tema e sobre a data de realización do pregón.
Un ano máis, o Concello mostrouse interesado en realizar esta festa porque contribúe a dinamizar e dotar de prestixio un produto local buenense. Nesta evento, o que se vén facendo é que o Concello ofrece o polbo á feira, mentres os hostaleiros se encargan das demais especialidades posibles. 

Nas vindeiras semanas, convocarase outra reunión para falar máis pormenorizadamente da organización da Ruta das Tapas, a cal se quedou na pasada reunión que coincidise coa semana do FICBUEU.

Lunes de calorazo para despedir el mes

A situación meteorolóxica desta xornada virá marcada pola entrada dunha masa de aire cálido dende o interior da península Ibérica que ocasionará un ascenso das temperaturas máximas, con sensación de calor xeneralizada. Os ceos permanecerán pouco anubrados ou despexados en xeral, con nubes baixas e néboas nas primeiras horas no litoral norte e metade norte da provincia de Lugo. Cara á noite entrarán as brétemas polo litoral atlántico. As temperaturas mínimas non experimentaron cambios significativos mentres que as máximas ascenderán, especialmente na provincia da Coruña. O vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral norte.


27/6/15

MÁIS DE 200 FOGARES PONTEVEDRESES XA RECIBIRON O SEU KIT DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DO PROXECTO DEPOGAP

243 familias pontevedresas solicitaron xa participar na proba piloto de eficiencia enerxética que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha no marco do proxecto depoGAP. Esta iniciativa ten como obxectivo sensibilizar á cidadanía do uso eficiente da enerxía nos fogares.
Consultar o consumo enerxético en tempo real 
Para o desenvolvemento desta proba é necesario instalar, en cada un dos fogares participantes, un kit domótico que proporciona as ferramentas de control necesarias que permiten monitorizar e optimizar os consumos nos fogares. Trátase dun contador de enerxía, un detector de apertura e peche de portas, un sensor de luminosidade e un medidor de consumo eléctrico. 
Estes instrumentos, que se instalan de forma gratuíta nos fogares, encárganse de realizar as medidas de consumo enerxético nas vivendas, o que lle permite a cada participante consultar en tempo real o consumo enerxético no seu fogar durante un período de seis meses.
É importante destacar que as familias que participan nesta proba reciben unha formación previa cos conceptos e fundamentos prácticos necesarios. O obxectivo final desta proba é que cada familia extraa conclusións sobre os seus consumos enerxéticos, de maneira que poidan establecer medidas de aforro enerxético aplicables nos seus fogares.
44 técnicos especializados na materia encargáronse tanto da instalación dos equipos nos fogares participantes na proba como da formación das familias colaboradoras. 
A posta en marcha deste proxecto, permite obter datos estatísticos sobre o gasto enerxético que serán a base  das guías de boas prácticas que se queren elaborar para utilizar en futuras campañas de sensibilización enerxética.

O proxecto depoGAP

Esta iniciativa pertence ao proxecto depoGAP, promovido pola Deputación de Pontevedra e cofinanciado nun 70% a través de fondos europeos Feder.
DepoGap  pretende promover un novo modelo de xestión dos activos públicos a través das novas tecnoloxías contando coa colaboración e participación cidadá.
As familias que pertenzan a un concello de menos de 50.000 habitantes e estén interesadas en unirse ao proxecto, aínda poden inscribirse na páxina web www.depo.es/depoGap, páxina na que ademais se informa dos requisitos necesarios para adherirse a esta iniciativa.


LOS SISTEMAS DE DUNAS DE BARRA Y NERGA PASAN A SER PROTEGIDOS

MEDIO AMBIENTE INICIARÁ NOS VINDEIROS DÍAS TRABALLOS DE PROTECCIÓN DOS SISTEMAS DUNARES DAS PRAIAS DE BARRA E NERGA, EN CANGAS, PARA GARANTIR A SÚA CONSERVACIÓN
  • O sistema proposto é a instalación dun valado de postes de madeira e arame que evite o paso indiscriminado dos visitantes pola fronte dunar, pero permitindo ao mesmo tempo o libre acceso dos usuarios da praia
  • Dende o Goberno galego considérase imprescindible tomar medidas o máis axiña posible para reforzar os valados de protección alí onde os procesos erosivos tiveron maior impacto nos hábitats dunares
A Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas, iniciará nos vindeiros días traballos de protección dos sistemas dunares das praias de Barra e Nerga, no Concello de Cangas, co fin de garantir a súa conservación.

O sistema proposto pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza é a instalación dun valado composto de postes de madeira e arame que evite o paso indiscriminado dos visitantes pola fronte dunar, pero permitindo ao mesmo tempo o libre acceso dos usuarios da praia.  

A actuación que se pretende levar a cabo está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013.

Nos últimos anos véñense producindo no litoral de Galicia unha serie de acontecementos climáticos, con frecuentes e fortes borrascas e importantes variacións no nivel do mar, que teñen afectado a práctica totalidade dos hábitats de interese comunitario. 

Paralelamente a esta perda dos hábitats, os visitantes e usuarios das praias invaden estes terreos erosionados, mesmo de forma lúdica, acelerando o proceso de erosión. Neste sentido, dende o Goberno galego considérase imprescindible tomar medidas o máis axiña posible para reforzar os valados de protección alí onde os procesos erosivos tiveron maior impacto nos hábitats dunares.


26/6/15

XUNTA : SINATURA NOS VINDEIROS DÍAS DOS CONVENIOS CON TRES BANCOS PARA FREAR OS DESAFIUZAMENTOS E DEDICAR VIVENDAS BALEIRAS A ALUGUEIROS SOCIAIS

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asegura no Parlamento que Abanca, Sabadell-Gallego e Caixa Rural xa confirmaron que rubricarán o acordo

ETHEL VÁZQUEZ AVANZA A SINATURA NOS VINDEIROS DÍAS DOS CONVENIOS CON TRES BANCOS PARA FREAR OS DESAFIUZAMENTOS E DEDICAR VIVENDAS BALEIRAS A ALUGUEIROS SOCIAIS
  • Explica que deste xeito se porá en marcha unha medida pioneira en España, aprobada o pasado xoves polo Consello da Xunta 
  • As entidades de crédito comprometeranse a comunicarlle ao Goberno galego os casos de execucións hipotecarias con lanzamento autorizado xudicialmente e a evitalo ata que se acade unha solución que permita a permanenza dos afectados na vivenda
  • A titular de Infraestruturas subliña que os afectados poderán quedar na vivenda ata un máximo de tres anos, pagando unha renda de entre 0 e 75 euros/mes en función dos ingresos e das circunstancias familiares
  • A conselleira concreta que ademais, ese acordo permitirá que as entidades cedan o usufruto de parte do seu parque de vivendas baleiras para destinalas a un alugueiro social de 0 a 125 euros/mes
  • A creación do Censo de vivendas baleiras, en proceso de participación pública para ser aprobado no último trimestre deste ano, recollerá a inscrición obrigatoria para as vivendas baleiras en concellos de máis de 10.000 habitantes, propiedade de bancos, das súas filiais inmobiliarias e da Sareb
  • Vázquez adianta que no vindeiro mes de xullo se entregarán as primeiras vivendas cedidas pola Sareb de acordo co convenio asinado en marzo, para destinadas a familias con especiais dificultades de acceso
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, avanzou hoxe que a Xunta asinará de xeito inminente os tres primeiros convenios coas entidades financeiras para evitar desafiuzamentos e dedicar vivendas baleiras a alugueiros sociais. Así o adiantou hoxe no pleno do Parlamento de Galicia, en reposta a unha pregunta sobre as medidas previstas polo Goberno galego para protexer o dereito á vivenda.

Ethel Vázquez explicou que Abanca, Sabadel-Gallego e Caixa Rural xa comunicaron a súa vontade de adherirse a estes procedementos,  que foron autorizados o pasado xoves por parte do Consello da Xunta como unha medida pioneira en España.

Cómpre lembrar que a sinatura de convenios de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo e as entidades de crédito presentes na comunidade teñen como obxectivo evitar que as familias con menos recursos sexan desafiuzadas das súas vivendas. Neste sentido, ábrense dúas vías de actuación: posibilitar a permanencia na vivenda daquelas familias afectadas por un procedemento de execución hipotecaria e destinar parte das vivendas baleiras propiedade da entidade ao alugueiro social. 

Vázquez reiterou que estes convenios permitirán que as entidades de crédito poñan en coñecemento da Xunta todos os casos de execucións hipotecarias nos que estea autorizado xudicialmente o lanzamento e que se comprometan a evitalo ata que se acade unha solución que faga posible a permanencia da familia na vivenda.

A titular de Infraestruturas indicou que os afectados poderán quedar na vivenda ata un máximo de tres anos, pagando unha renda de entre 0 e 75 euros/mes, segundo as circunstancias (renda, familiares ao cargo, fillos...).

Ethel Vázquez tamén concretou que a Xunta pretende que as entidades asinantes dos convenios cedan voluntariamente o usufruto de parte do seu parque de vivendas baleiras, para poder destinadas ao alugueiro social. Precisou que este alugueiro social será de 0 a 125 euros/mes, tamén segundo a situación familiar.

Vázquez indicou que “mentres haxa unha soa familia en risco de perder o seu fogar, seguiremos traballando” e engadiu que a este compromiso responden iniciativas como o citado anteproxecto de decreto de creación do Censo de vivendas baleiras para planificación social, xa en proceso de participación pública co obxectivo de ser aprobado no último trimestre deste ano. 

Este anteproxecto recolle a inscrición obrigatoria para todas aquelas vivendas baleiras situadas en concellos de máis de 10.000 habitantes, que sexan propiedade de bancos, das súas filiais inmobiliarias e da SAREB. A medida pretende impulsar a ocupación das vivendas baleiras inscritas no censo por parte dos afectados por execucións hipotecarias, familias que non poden pagar o alugueiro e familias inscritas no rexistro de demandantes de vivenda pública.   

Outras medidas en marcha
Vázquez subliñou que unha das máximas prioridades da Xunta é garantir o dereito constitucional a unha vivenda digna ás familias galegas e esta é unha liña de traballo na que o Goberno galego vén centrando os seus esforzos nos últimos anos mediante as seguintes medidas:
         Apoio ás familias en situación de especial emerxencia social, para que poidan contar cunha vivenda por adxudicación directa.
         Programa Reconduce, en colaboración coa Consellería de Traballo, ofrecendo asesoramento, e mediación ante os bancos, antes dos lanzamentos para tentar evitar que os afectados teñan que abandonar o seu fogar.
         Programa de Realoxos para afectados por execucións hipotecarias, a través da adxudicación directa de vivendas de promoción pública ou do Programa Aluga. Unha medida que, ata o momento, ten permitido dar resposta a todas aquelas familias que o solicitaron e que cumprían os requisitos. 

Ethel Vázquez argumentou que a Xunta, consciente de que era preciso seguir intensificando e reforzando estas políticas, tamén  puxo en marcha a principios deste mesmo ano o Plan rehaVIta, para facilitar o acceso ao fogar a aquelas persoas que máis o necesitan. Este plan consolida programas anteriores, pero tamén recolle outras iniciativas destacadas:

         Rede de vivendas de inserción, que permitirá adxudicar un fogar de forma áxil a persoas en risco de exclusión social, e cuxo decreto se está redactando. 
    Convenio xa asinado coa Sareb, para a cesión das primeiras 50 vivendas destinadas a aquelas familias con especiais dificultades, inmobles que se empezarán a entregar xa no próximo mes de xullo.

    Bono Alugueiro, de apoio urxente, inmediato e puntual ás familias, que empezará a funcionar este verán, e que é compatible con outras axudas sociais.  

El sello de garantía de GALICIA CALIDADE se acerca cada vez más al sector turístico

Alfonso Cabaleiro, gerente de GALICIA CALIDADE, en uso de la palabra, en el acto
A XUNTA PRESENTA AO SECTOR TURÍSTICO AS VANTAXES E REQUISITOS PARA CONTAR CO SELO DE GARANTÍA GALICIA CALIDADE
  • Tras o acordo asinado entre a Consellería de Economía e Industria, Turismo de Galicia e o Clúster do Turismo agárdase que neste 2015 dez establecementos conten con este distintivo
  • A concesión do selo Galicia Calidade responderá a valores arquitectónicos, medioambientais, paisaxísticos, culturais e gastronómicos galegos, esixindo a presenza de produtos de orixe galega nos establecementos recoñecidos
  • Galicia aproveitará, así, a asociación que os consumidores fan hoxe entre produto galego e calidade, para trasladar esa mesma percepción ao ámbito turístico e potenciar a capacidade para atraer visitantes
A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, Turismo de Galicia e o Clúster do Turismo organizaron unha xornada para explicar aos asociados as vantaxes e requisitos para contar co selo de garantía. O acordo asinado entre estas entidades busca incorporar antes de que remate o ano 2015 dez novos establecementos. A concesión do selo Galicia Calidade responderá a valores arquitectónicos, medioambientais, paisaxísticos, culturais e gastronómicos galegos, esixindo a presenza de produtos de orixe galega nos establecementos recoñecidos. 

Deste xeito, as mellores empresas turísticas galegas poderán aproveitar o impulso dunha marca, a de Galicia Calidade, recoñecida non só en toda España senón tamén no eido internacional, grazas á presenza global dos mellores produtos galegos. Galicia aproveitará a asociación que os consumidores fan hoxe entre produto galego e calidade, para trasladar esa mesma percepción ao ámbito turístico e potenciar a capacidade para atraer visitantes.

Entre os obxectivos perseguidos polo acordo asinado están o de por en valor as características específicas do turismo galego respecto a outros valores estándar que xa están comprendidos nas normas sectoriais como a Q de Calidade Turística; mellorar a imaxe do turismo de Galicia a través do compromiso e cumprimento dos requisitos específicos que nos diferencian ou mellorar a imaxe e promocionar os produtos galegos, favorecendo sinerxías entre o sector turístico e o sector produtivo e agroalimentario galego. 

Na presentación da xornada, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro destacou que as múltiples posibilidades que ten o turista á hora de elixir un destino fan que o sector turístico actual sexa moi competitivo e a calidade se converta xa nunha necesidade para permanecer neste complexo mercado. “Apostar pola calidade implica diferenciación e valor engadido e sitúa ao destino que se identifica como tal nunha posición de maior privilexio”, afirmou.

Neste senso, Nava Castro sinalou que o esforzo dende Turismo de Galicia é diario e insistente para dotar ao destino da calidade que se merece. 

A responsable de Turismo da Xunta resaltou que Galicia conta con 268 empresas certificadas coa Q de Calidade Turística, 131 areais galegos atesouran o distintivo de Bandeira Azul, 37 Soles Repsol iluminan 26 restaurantes galegos e a gastronomía galega acadou neste ano 12 Estrelas Michelin. “Todos estes distintivos testifican a calidade que está a acadar o sector turístico galego pero temos que continuar traballando conxuntamente procurando a exixencia constante, a mellora continua e a innovación como elemento indispensable para ser competitivos”, concluíu Nava Castro.

Pola súa parte, o presidente do Clúster de Turismo, Francisco González, sinalou que “coa firma do convenio demos o primeiro paso e hoxe podemos anunciar que o sector turístico conta xa cun marco de xeral cumprimento para poder integrarse dentro de Galicia Calidade". Así mesmo, o presidente do CTG destacou a importancia de apostar pola calidade como elemento diferenciador do turismo en Galicia, e especialmente por contar cun instrumento como Galicia Calidade, "cuxa traxectoria e imaxe asociada á calidade dos produtos galegos é un elemento que ofrece ao noso sector turístico un valor engadido na nosa busca da excelencia e a diferenciación", afirmou"

Requisitos de certificación
Tal e como explicou a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, para poder contar co selo de garantía os establecementos terán que contar con máis de dous anos de actividade, estar inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas e contar con licenza de actividade. Ademais deberán contar cun sistema de xestión da calidade: “Q” ou ISO 9001 + Compromiso de Calidade Turística SICTED. 

No encontro, no que tamén participou o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, sinalouse que no apartado dos produtos, os licenciatarios deberán dispor dunha oferta gastronómica con proporción significativa de pratos galegos con referencia e inclusión de materias primas galegas de orixe certificado: Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas. Ademais haberá unha notable presenza de vinos das D.Os galegas así como augardentes e licores amparados polas IXPs galegas correspondentes. 


Por último, os establecementos que queiran contar co distintivo de calidade deberán contar ademais cunhas características específicas dadas pola situación, paisaxe, espazo natural, antigüidade ou singularidade da edificación, ou outras características que lle confiran un valor engadido e diferencial do turismo estándar.

25/6/15

IIº Campeonato Ibérico de Kung Fu Eurocidade Valença Tui

Ateliers de Defesa Pessoal, com aprendizagem de técnicas básicas de defesa, vão decorrer no Pavilhão Municipal de Valença, sábado, 27 de junho, durante a tarde, no âmbito do IIº Campeonato Ibérico de Kung-Fu promovido pela Eurocidade este fim de semana.
Os ateliers decorrerão, sábado, entre as 16h e as 18h15 (PT) e os interessados podem participar gratuitamente inscrevendo-se para: info@disomtui.com ou pelo telefone 0034 986 601 563.
Os ateliers estarão dedicados à Defesa Pessoal Integral e à Defesa Pessoal Feminina e podem participar os interessados com idade superior a 15 anos. A participação não implica conhecimentos prévios de Kung-Fu e é uma oportunidade de aprendizagem de técnicas básicas de defesa e imobilização.
Os ateliers de defesa decorrem no âmbito do IIº Campeonato Ibérico de Kung-Fu, que contará com a participação de 400 atletas portugueses e espanhóis, no fim de semana de 27 e 28 de junho. As competições decorrerão domingo, 28 de junho, no Pavilhão Municipal de Tui a partir das 9h30 (PT).
Os mais destacados atletas de Portugal e Espanha, da modalidade, vão disputar na Eurocidade este campeonato que contará com Kung-Fu tradicional, moderno e Tai-Chi.
O Kung-Fu é uma modalidade que conta com mais de quatro centenas de praticantes na Eurocidade, com aulas regulares nas duas cidades.

O IIº Campeonato Ibérico de Kung Fu é uma organização da Eurocidade Valença Tui, da Federação Galega de Kung Fu, da Ajude, da Xunta de Galícia, do Desporto Galego, da Galícia Saudável e da Di-Som Tui.

XXI Reunião Anual de Coordenação GNR/Guardia Civil


No âmbito do memorando de cooperação celebrado entre a Guarda Nacional Republicana e a Guardia Civil, elementos das duas instituições estão reunidos durante o dia de hoje e amanhã (25 e 26 de junho) em Valença do Minho, com o objetivo de reforçar a cooperação transfronteiriça em matéria Policial e Aduaneira.
Neste memorando, que é centrado sobretudo no intercâmbio de informações e na articulação da atuação em termos operacionais, são estabelecidas reuniões periódicas entre os dispositivos distritais e regionais das duas forças de segurança, bem como a realização da presente reunião anual de coordenação entre os Órgãos Centrais de cada uma das instituições,  no sentido de tornar mais eficaz o combate à criminalidade transnacional.
Pretende-se desta forma reforçar os eixos de cooperação bilateral entre ambas as forças de natureza gendármica de Portugal e Espanha.

 

OS PENSIONISTAS RETORNADOS PODEN SOLICITAR ATA O 30 DE XUÑO A DEVOLUCIÓN DAS SANCIÓNS, RECARGOS E XUROS DE DEMORA

VALERIANO MARTÍNEZ LEMBRA QUE OS PENSIONISTAS RETORNADOS PODEN SOLICITAR ATA O 30 DE XUÑO A DEVOLUCIÓN DAS SANCIÓNS, RECARGOS E XUROS DE DEMORA
  • O conselleiro de Facenda destacou que o proceso extraordinario de regularización dá resposta á principal demanda deste colectivo, que é non ser tratados como defraudadores
  • A asistencia aos contribuíntes realízase a través de plataformas conxuntas nas que participa persoal da Xunta e da AEAT, e que xa atenderon a 10.000 retornados 
  • Con este proceso, todos os pensionistas reciben o mesmo trato fiscal
 O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, lembrou hoxe que os pensionistas retornados teñen ata o 30 de xuño para solicitar a devolución das sancións, recargos e xuros de demora, dentro do proceso extraordinario de regularización posto en marcha pola Axencia Tributaria do Estado (AEAT).

Nunha intervención no Parlamento, o titular de Facenda destacou que este proceso extraordinario dá resposta á principal demanda deste colectivo, que foi dende un inicio non ser tratados como defraudadores. Tamén indicou que esta foi precisamente a petición aprobada por unanimidade no Parlamento galego.

Neste sentido, Valeriano Martínez explicou que a Administración está a prestar asistencia aos pensionistas retornados que o precisan. Esta asistencia está a levarse a cabo a través de plataformas conxuntas nas que participa persoal da Xunta –da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)- e tamén do Estado.

“O noso compromiso activo con este colectivo queda unha vez máis reflectido no número de contribuíntes atendidos ata o momento”, sinalou Valeriano Martínez, tras avanzar que preto de 10.000 pensionistas retornados recibiron asistencia a cargo de persoal especializado, que presta a axuda necesaria no proceso de regularización.

Ademais, recordou que a Axencia Tributaria de Galicia achegou 26 técnicos para participar nas plataformas conxuntas e axudar a este colectivo, cun custo de 300.000 euros. “Deste xeito, a atención é aínda máis directa e próxima aos cidadáns afectados”, afirmou o conselleiro, quen incidiu en que a ATRIGA tamén habilitou un teléfono de información para atender aos retornados que teñan dúbidas sobre o proceso que deben seguir.


Finalmente, na súa intervención o conselleiro de Facenda afirmou que o proceso extraordinario de regularización iniciado o pasado 1 de xaneiro permite outorgar o mesmo tratamento a todos os pensionistas retornados, aos que cumpriron as súas obrigas e tamén a aqueles que, aínda sen ánimo defraudatorio, non o fixeron.

Comienza el nuevo tiempo del puerta a puerta al que se encomienda el Partido Popular de Galicia


José Manuel Rey reuniuse con representantes da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias e visitou a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade 

O PPdeG iniciou os encontros con asociacións e colectivos galegos cos que dan participación á sociedade civil
  • A apertura do sistema á sociedade civil, a necesidade de establecer políticas con máis cauces de participación informais e a percepción da recuperación económica foron os temas tratados coa AGACA
  • As políticas de benestar e atención para persoas con discapacidade centraron a conversa da súa xuntanza con membros da COGAMI
José Manuel Rey Varela
O PPdeG iniciou os seus encontros con asociacións, organizacións e colectivos representativos da cidadanía galega cos que o partido “quere recoller a opinión da xente e dar participación á sociedade”, segundo declarou o coordinador da Ponencia política que se presentará en xullo, José Manuel Rey.
Esta mesma tarde, Rey mantivo en Santiago de Compostela dúas xuntanzas. A primeira foi con representantes da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), unha organización que une a varios sectores e cos que tivo a oportunidade de falar da apertura do sistema á sociedade civil, da necesidade de establecer políticas a medio e longo prazo con máis cauces de participación informais e da percepción da recuperación económica. 
Xa na súa visita á Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), a conversa xirou en torno as políticas de benestar e atención para xente afectada. 
Foi precisamente onte cando o líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, remitiu unha carta firmada por el na que se dirixe a este tipo de colectivos co obxectivo de lembrarlles as canles de participación abertas e para informarlles de que o equipo encargado de redactar a Ponencia política  está á súa disposición para atendelos e recoller de primeira man as súas inquedanzas, propostas ou suxestións.
Estas xuntanzas continuarán esta semana e levarán aos membros do equipo redactor a recorrer as distintas provincias galegas iniciando así un proceso de actualización de ideas co que o PPdeG aspira a facer política coa sociedade galega como única protagonista.
Ademais dos encontros mantidos por José Manuel Rey en Santiago e con este mesmo obxectivo, os membros do grupo redactor, Jesús Vázquez e Ana Villarino, tamén se reuniron hoxe na cidade de Ourense con representantes da Federación de Libreiros de Galicia e con representantes do Pen Clube Galicia e do Foro Galicia Milenium.

Adicionalmente ás reunións presenciais e coa fin de promover a participación cidadá, os populares puxeron a funcionar unha conta de correo electrónico á que mandar propostas e habilitaron un espazo web específico para recibir suxestións pero pensado tamén para manter unha comunicación fluída coas persoas que desexen participar activamente da elaboración da Ponencia.


Reabierto el debate sobre la eólica, el conselleiro Conde recuerda cuatro cosas...

CONDE DEFENDE QUE FOI O GOBERNO ACTUAL O QUE APORTOU SEGURIDADE XURÍDICA AO DESENVOLVEMENTO DA EÓLICA EN GALICIA 
  • O conselleiro de Economía e Industria salienta que hai 12 sentenzas que dan a razón á Xunta na anulación do concurso eólico do bipartito
  • Lembra que o reparto eólico do bipartito foi cuestionado polo Consello Consultivo, polo propio presidente da Xunta naquel momento e pola comisión de avaliación do concurso
  • O proceso actual segue adiante coa tramitación do 83,5% dos megavatios da convocatoria, con 11 parques xa autorizados que suman un investimento de máis de 354 millóns 
  • Os plans industriais asociados ao concurso suman máis de 800 millóns de investimento e 1.800 postos de traballo
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, defendeu no Parlamento galego que foi o actual Goberno galego o que aportou seguridade ao desenvolvemento da eólica en Galicia. Conde resaltou que ese traballo supuxo en primeiro lugar a anulación dun concurso eólico “cheo de sombras”, o do bipartito, cuestionado polo TSXG, que avalou a súa anulación en 12 sentenzas; polo Consello Consultivo, que observou trazas de ilegalidade; polos 55 recursos presentados contra a resolución; polo presidente da Xunta naquel momento; e polos membros da comisión de avaliación do concurso, que abandonaron o procedemento. 

Para garantir unha seguridade xurídica plena ao sector eólico, e en resposta a un compromiso electoral do propio presidente, o goberno galego suspendeu primeiro, e anulou despois, ese concurso. Fronte á inseguridade xerada polo reparto eólico do bipartito, sinalou Conde, o actual Goberno galego traballou para recuperar o tempo perdido. Froito dese traballo aprobou a Lei 8/2009, que establece un canon eólico, a pagar polas empresas promotoras, grazas ao que se recadaron 137 millóns de euros que están a beneficiar aos concellos galegos. 


A ese texto se sumou o novo concurso en 2010, no que o Goberno actual primou a obxectividade, a transparencia e a seguridade xurídica, reforzando o investimento e a creación de emprego. E pexe a unha situación complexa, no marco actual da reforma eléctrica, o concurso eólico galego continua avanzando, coa tramitación do 83,5% dos megavatios do concurso, e a autorización de 11 parques, que suman 254 MW e un investimento de máis de 354 millóns de euros. Un efecto positivo ao que se engaden os plans industriais asociados, que están a desenvolver as empresas adxudicatarias, e que suman máis de 800 millóns de investimento e 1.800 postos de traballo, máis da metade dos comprometidos ata o 2020. 

El veraneo del "Dinoseto"

El Dinoseto, escultura arbórea jardinera, pasa el verano afincado en la Porta do Sol, en Vigo. El alcalde Caballero lo pasea como cualquiera vecino pasea a su perro. Y dice que no descarta que el Dinoseto tenga crías... Entre sonrisas, Abel asegura que le gusta a la gente que la ciudad de Vigo tenga este estilo, simpático, desenfadado... Del Dinoseto ha dicho que podría tener crías... Si se aplicase el mismo criterio al barco afincado en Coia, no vea usted cómo acabaría la ciudad, con Dinosetos por varias partes y barcos de tierra adentro. Una especie de parque jurásico .-( JUAN de la OLIVA

Texto del acuerdo de gobierno tripartito con el que gobierna Cangas el profesor Pazos

Convocatoria de Asemblea pola Unidade, en Cangas

A Asemblea pola Unidade convida a toda a veciñanza de Cangas á súa nova Asemblea Xeral, que terá lugar hoxe xoves 25 de xuño, ás 20:30 horas, no salón de plenos do Concello.
Trataranse os seguintes puntos, cuxas decisións relacionadas co Goberno municipal se trasladarán despois ao Pleno do venres 26 de xuño ás 20h:
-Información sobre a conformación da Xunta de Goberno e das Comisións
-Proposta de gasto salarial e achegas económicas a grupos políticos
-Proposta de local propio
-Grupos de traballo

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL ‘MARCADOS PARA SOBREVIVIR’ EN BUEU

Este venres 26 de xuño a partir das 20 horas, a cafetería Rosalinda de Bueu acollerá a proxección do documental Marcados para sobrevivir,  que estará seguido dunha charla coloquio co produtor e cámara submarina José Irisarri. Este documental conforma a segunda entrega da serie  El mar del fin del mundo e foi galardoada co premio Barandilla de Oro no Festival Internacional de Cine Submarino de San Sebastián.
A entrada será libre e os asistentes poderán gozar de traballadas imaxes submarinas de diferentes recunchos das rías galegas acompañadas dunha metódica investigación científica que tentan mostrar a importancia de xestionar ben os recursos pesqueiros. 

A actividade está organizada polo GAC Ría de Pontevedra e estase proxectando en diversas localidades nunha campaña de concienciación da pesca sostible, e nela colabora o Concello de Bueu e a cafetería Rosalinda.

ESCOLA DE REMO PARA OS NENOS E NENAS, DA MAN DO CLUB DO MAR DE BUEU

ESCOLA DE REMO PARA OS NENOS E NENAS DA MAN DO CLUB DO MAR DE BUEU

O Club do Mar de Bueu organiza para os meses de xullo e agosto a Escola de Remo de Verán, destinada a nenos e nenas a partir de oito anos. É requisito imprescindible saber nadar e desenvolverase os luns, mércores e venres de 11 a 13 horas. Para inscribirse, os interesados poden achegarse polo Club do Mar de Bueu-Teccarsa ou dirixirse aos números de teléfono 630869821 e 667412970.

A organización destaca que a reserva se pode facer polo tempo que se desexe.

ABERTO O PRAZO PARA PRESENTAR TRABALLOS AOS PREMIOS GALEGOS DO SOCIAL MEDIA #MEXILONSETUITS2015

Ata o 9 de agosto pódense presentar as candidaturas a algunha das oito categorías a concurso

Cangas acollerá o vindeiro 24 de outubro a cuarta edición deste festival da batea 2.0


Co fin de mostrar exemplos e seren inspiración para o tecido empresarial galego e para o conxunto da sociedade en xeral sobre o uso e pontencial das novas tecnoloxías, os Premios Galegos do Social Media celebran este ano a súa cuarta edición. A cita coa batea 2.0 será o vindeiro 24 de outubro en Cangas co Festival #MexilOneTuits 2015, a festa das redes sociais do Morrazo. 

O prazo para presentar traballos nunha ou varias das oito categorías a concurso xa está aberto desde esta semana e ata o vindeiro 9 de agosto.  Os interesados, que deberán ser persoas físicas nadas ou residentes en Galicia ou empresas radicadas na comunidade, xa poden entrar na web www.mexilonsetuits.com, cubrir un formulario de rexistro cos seus datos persoais, explicación do traballo e categoría a concurso así como os enlaces precisos para visualizalo. 

Cada participante poderá presentar un máximo de tres traballos por categoría.  Será traballo da organización valorar a calidade e a adecuación do traballo presentado a concurso. Se o proxecto é admitido a concurso, será logo traballo dun xurado profesional composto por persoeiros de recoñecido prestixio no eido da comunicación e das redes sociais determinar quen se alza cos MexilOnseTuits deste ano, decisión na que terán en conta cuestións cualitativas coma estratexia, creatividade ou innovación, e cuantitativas como o grao de interacción, incremento de vendas, etc.

Dos blogs ao movemento social
Os traballos admitidos a concurso deberán estar realizados entre xullo 2014 e xuño 2015 e poderán participar nalgunha destas oito categorías: Mellor Blog de Moda; Mellor Blog Informativo/Cultural; Mellor Blog Turístico; Mellor Blog Gastronómico; Mellor Movemento Social; Mellor Campaña Comercial,  Mellor Video Viral e Mellor E-commerce. Tamén se fará entrega dunha mención especial a un proxecto ou persoa que a organización considere merecedor da distinción.

MexilOnseTuits e os seus Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais é un proxecto colectivo e ilusionante no que participa como entidade organiadora a Federación de Comrciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO), promovendo o uso das novas tecnoloxías no eido das pequenas e medianas empresas. Nado cun espírito de colaboración, nel teñen cabida empresas e entidades da comarca do Morrazo que, baixo a temática das novas tecnoloxías e os medios de comunicación social, tenta tamén poñer en valor e dar a coñecer esta fermosa península no seu conxunto (gastronomía, patrimonio, natureza…). O festival quere, ademais, ser tamén un punto de encontro para o networking, onde as empresas, emprendedores e particulares poidan compartir  ideas e establecer sinerxías para futuros proxectos. 


EL ALONDRAS FICHA A DIEGO DIZ

El vigués se compromete con el Alondras por un año
La plantilla del Alondras de cara a la temporada 2014/15 ya va cogiendo forma, después de que la directiva cerrase en las últimas horas al medio Diego Diz. 
El jugador que llega procedente del Rápido de Bouzas es el primer fichaje del club cangués que dirigirá Jacobo Montes en la próxima campaña. Diz tiene 23 años y en las últimas temporadas era un fijo de las alineaciones aurinegras disputando 34 partidos y anotando seis goles en el último curso.
Es un jugador que puede adaptarse  tanto a la mediapunta  como a la banda, que aporta gol y que encaja con el estilo de juego que le gusta al técnico alondrista, Jacobo Montes.
Con este fichaje se puede decir que el Alondras logra así uno de sus objetivos, tras intentar hacerse con sus servicios en anteriores ocasiones.
El apartado de renovaciones queda cerrado
La directiva del Alondras ya sólo debe preocuparse de las nuevas incorporaciones, ya que los jugadores que querían que renovasen ya dieron el sí al club. El último fue Pablo Berros, jugador que llegó el pasado verano procedente del Somozas, después de haber sido una pieza importante en el ascenso a 2ªB.
Jacobo Montes cuenta en este momento con 14 efectivos: Martín, Casti, Pitu, Javi, Rubén, Berros, Leiro, Iván, Abel, Andrés, Mauro, Firi, Joni y el recién incorporado Diego Diz. 

Ahora queda seguir trabajando para completar las plantilla del Alondras CF.

ECONOMÍA E INDUSTRIA CONVOCA AS AXUDAS PARA A RENOVACIÓN DE FIESTRAS E CALDEIRAS DE ALTA EFICIENCIA ENERXÉTICA

  • O Diario Oficial de Galicia publica mañá dúas ordes encamiñadas a diminuír o gasto en enerxía das familias galegas, que representa máis do 14% do consumo enerxético de Galicia  
  • Promóvese a instalación de caldeiras de gas natural, GLP ou biomasa nas cidades galegas, con apoios de ata o 40% do custo do proxecto
  • Facilítase a renovación de fiestras con axudas de ata o 25% acadando melloras significativas na calidade da construción co conseguinte aforro económico
  • Os dous programas, enmarcados no Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética nas vivendas galegas, suman 2 millóns que mobilizarán 7 millóns en 1.000 proxectos 
A eficiencia enerxética e o impulso das fontes renovables configúranse como dous dos piares básicos de actuación na política enerxética do Goberno galego. Neste contexto, a Consellería de Economía e Industria convoca mañá as axudas para a renovación de fiestras e caldeiras de alta eficiencia enerxética mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Estas actuacións aspiran a diminuír o gasto en enerxía das familias galegas, que representa máis do 14% do consumo enerxético da Comunidade. 

Os particulares que queiran beneficiarse dos apoios terán que poñerse en contacto con algunha das entidades colaboradoras, que disporán a partir de mañá de 25 días hábiles para adherirse aos programas na páxina entidadescolaboradoras.xunta.es. O listado destas entidades poderá consultarse, ao remate do mencionado prazo, na web da consellería –economiaeindustria.xunta.es-. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de outubro.   

No que respecta á orde para a renovación de fiestras, esta ten como obxectivo a substitución dunha fiestra xa existente por outra de igual ou de inferior tamaño, de cara a incentivar a súa rehabilitación, acadando melloras significativas na calidade da construción co conseguinte aforro en termos económicos. A contía máxima por vivenda unifamiliar é de 100 euros por metro cadrado de oco co límite de 3.000 euros. Nas comunidades de propietarios ou edificios de vivendas a contía será de 3.000 euros cun máximo de 50.000 euros. En calquera dos dous casos, a cantidade da subvención non superará o 25% do custe total da obra. 

En canto ás caldeiras de alta eficiencia enerxética, promóvese a implantación de equipos de gas natural ou GLP, así como de novas caldeiras de biomasa, en vivendas unifamiliares e comunidades de veciños de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. Os apoios, neste caso, chegan ata o 30% do investimento, elevándose ata o 40% se a caldeira que se prevé substituír é de gasoil. 

Ambos programas, enmarcados no Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética nas Vivendas Galegas, suman 2 millóns de euros que mobilizarán 7 millóns en 1.000 proxectos, contribuíndo a mellorar as pautas de consumo e contribuír e contribuír á diminución da factura enerxética das familias. Este Plan comprende dúas áreas de actuación promovendo o uso de fontes renovables e impulsando infraestruturas máis eficientes, que é o que se pretende acadar coa posta en marcha destas axudas.  


22/6/15

Arranca con grandes carteles la temporada taurina en el Noroeste peninsular

Mediante el PDF que enlazamos, podrán leer novedades con respecto al titular de esta temática

https://www.dropbox.com/s/8d570tineg3cbpo/PAGINA28-EDICI%C3%93N34-MT.pdf?dl=0



Valença Reúne Especialistas Europeus em Fortalezas Abaluartadas

Valença do Minho recebe o Fórum "Fortalezas Abaluartadas - Investigação, Valorização e Gestão do Património", segunda-feira, 29 de junho, no auditório da Biblioteca Municipal.

A jornada abordará a arqueologia, história e engenharia militar das Fortalezas Abaluartadas e a investigação, valorização e gestão do património cultural, ao longo do dia, em dois painéis, com intervenções de especialistas portugueses, espanhóis e franceses.
Rebeca Blanco Rotea, da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Antonio Rodríguez – Villasante Prieto, do Centro Internacional de Estúdios de Fortificación y Apoio Logístico, Alberto Pereira de Castro, historiador de Valença, Luís Oliveira Fontes, da Universidade do Minho, Alexandra Gesta, da Câmara Municipal de Guimarães e Jacques Taranger, da Association Vauban, são os especialistas que vão trazer os seus aportes a este fórum.
A jornada inclui, ainda, uma Visita Interpretada à Fortaleza de Valença orientada pelo arqueólogo Luís Oliveira Fontes, da Universidade do Minho.
Partilhar e debater conhecimentos e ideias sobre o valor e gestão do património cultural, a partir da Fortaleza de Valença, é o objetivo primeiro deste fórum internacional. Esta será uma jornada de reflexão, a partir do contributo de destacados especialistas, tendo em conta a proposta de candidatura da Fortaleza de Valença a Património Mundial da UNESCO.

O evento é uma organização da Câmara Municipal de Valença e conta com a colaboração da Universidade do Minho, da CIM Alto Minho, da Escola Superior de Ciências Empresariais do Instituto Politécnico de Viana do Castelo e da Eurocidade Valença Tui.

Otra vez a remontar : el Pontevedra se juega el ascenso en el fin de semana que viene

Once inicial del Pontevedra, este domingo, en Haro
No bastó el esfuerzo, ni la superioridad evidenciada en el campo polideportivo de Haro. Los locales ganaron 1-0 y ahora toca al Pontevedra, en Pasarón, la remontada. Habrá de convertirse el estadio pontevedrés en una auténtica olla a presión que colabore con el equipo a lograr el ansiado y nada fácil ascenso...
Lo que queda atrás tras este domingo, es esto... una peligrosa derrota del Pontevedra.


Haro Deportivo: Javi Pérez; Zabala (Cabrera, min. 85), Liébana, Txejo, Pirri; Arpón, Javi López, Viola, Olavarrieta; Dani Suárez (Javi Collado, min. 92) y Dani Gómez (Unai, min. 61).
Pontevedra: Edu; Campillo, Anxo, Pablo, Capi; Pedro García, Fran Fandiño (Tomás Abelleira, min. 54); Tubo (Pablo Carnero, min. 70), Mourio, Centrón; y Jorge Rodríguez.
Árbitro: Crespo Puente (Comité Cántabro). Amonestó a los visitantes Pablo, Pedro García y Mouriño.
Gol: 1-0, min. 46: Dani Suárez.
Campo: El Mazo. 2.200 personas.

Prosigue Bueu con su constante actividad cultural

BUEU : CONTACONTOS ‘O SEÑOR GRAVATA TORTA’ DA MAN DA PEQUE FACTORÍA
A Asociación Social Cultural Recreativa A Peque Factoría organiza unha nova sesión de contacontos titulada “O señor gravata torta”  dirixida a nenos de entre 0 e 4 anos, acompañados dalgún adulto. 

A actividade celebrarase o 12 de xullo ás 12 horas no local da Factoría de Proyectos da rúa Eduardo Vincenti, e os que desexen participar deberán inscribirse enviando un correo a apequefactoria@hotmail.com, cun donativo de tres euros.

FESTIVAL DE ESCOLAS DE RETROUSO O DOMINGO 28 DE XUÑO NO CENTRO SOCIAL
O domingo 28 de xuño a Asociación Cultural Retrouso de Cela organiza o Festival de Escolas de Retrouso a partir das 19 horas no Centro Social do Mar, en Bueu, cunha entrada gratuíta. Neste festival amosaranse os diferentes grupos de iniciación e perfeccionamento que compoñen Retrouso, para ensinar o traballo que se leva a cabo nas distintas escolas tradicionais. Nas últimas edicións, este festival coñécese co nome de “Memorial Teresa Pedrouso”, en lembranza da primeira profesora de acordeón e solfexo da escola, falecida no 2009 e que permanece na memoria dos alumnos e alumnas.
A asociación Retrouso de Cela nace no ano 1996 dunha unión de mozos e mozas interesados na música e danza tradicionais que se xuntan para dinamizar a súa parroquia nestes ámbitos. Comezaron tan só cun grupo de bailadores/as ata medrar e converterse nunha agrupación de referencias en todo o Morrazo. Na actualidade contan con mestres/as altamente cualificados que levan adiante escolas permanentes, con distintos niveis. Ao longo do ano organizan diversas actividades musicais, tales como a Foliada da Chuva, Bando das Navidades de Cela, Festival de Panxoliñas e outros festivais.

A XUNTA CELEBRA ESTE VERÁN NO GAIÁS UN TOTAL DE 75 ACTIVIDADES DE BALDE E PARA TODOS OS PÚBLICOS

  • A programación arranca o xoves, 2 de xullo, con ‘Atardecer no Gaiás’, ciclo de concertos ao aire libre que contará cos sons, entre outros, de León Benavente, La Habitación Roja, The Excitements ou Is Tropical
  • Volven todos os xoves os roteiros ‘Camiño ao Gaiás’, todos os venres as ‘Visitas astronómicas’ e o 22 de agosto unha nova edición de ‘Cidade da Imaxinaria’
  • Xunto coas exposicións ‘Camiño. A orixe’ e ‘Memorias de familia’, o Museo Centro Gaiás acollerá os mércores de xullo ‘Nocturnas’, visitas ao caer ao sol nas que descubrir outras olladas e matices da arte xacobea
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra este verán no Gaiás unha programación especial pensada para todos os gustos e todos os públicos. Ata un total de 75 actividades se darán cita no complexo deseñado por Peter Eisenman durante os meses de xullo, agosto e setembro, con algúns clásicos do verán como ‘Atardecer no Gaiás’, ‘Camiño ao Gaiás’ ou ‘Visitas astronómicas’ e novas actividades como as ‘Nocturnas’ ou ‘Enocións by Ribeiro’.

O verán comezará oficialmente no Gaiás o vindeiro xoves, 2 de xullo, co inicio do ciclo de concertos ao aire libre ‘Atardecer no Gaiás’. Na súa quinta edición, ‘Atardecer no Gaiás’ contará cun total de 24 actuacións en pequeno formato entre as que estarán o soul de The Excitements, o pop de La Habitación Roja ou León Benavente e a electrónica de Is Tropical. Un crisol de músicas que arrancará na propia praza central do Gaiás coa banda compostelana Puma Pumku o 2 de xullo ás 21 horas.

O festival ‘Cidade Imaxinaria’, outro dos clásicos do verán do Gaiás, celebrará unha nova edición o 22 de agosto. Grandes e pequenos poderán gozar con pallasos, equilibristas, funambulistas e todo tipo de extranas criaturas durante todo un día cheo de xogos e espectáculos de balde.

Visitas temáticas
Todos os xoves de verán, do 2 de xullo ao 10 de setembro, será o momento para aprender hábitos de vida saúdables ao tempo que descubrimos o patrimonio artístico e natural de Compostela. Será a través de ‘Camiño ao Gaiás’, roteiros a pé organizados pola Fundación USC Deportiva que achegará o centro de Santiago á Cidade da Cultura a través dunha ruta que partirá de San Domingos de Bonaval e rematará, como novidade, no Bosque de Galicia.

E se os xoves é a quenda de ‘Camiño ao Gaiás’, os venres será o momento de converter a Cidade da Cultura nun enorme observatorio astronómico. Porque a partir do 10 de xullo volven as ‘Visitas astronómicas’, sesións nas que aprender a ollar as estrelas da man do Observatorio Astronómico Ramón María Aller. 

A estes dous clásicos do verán súmanse unhas novas visitas: ‘Nocturnas’. Todos os mércores do mes de xullo, a partir das 21:00 horas, a Cidade da Cultura convida a descubrir unha nova cara da exposición ‘Camiño. A orixe’ ao caer o sol para aprezar outros matices e riquezas da arte xacobea. Nun percorrido guiado directamente por responsables do proxecto expositivo, recrearase a noite na que o eremita Paio atoupou no Libredón os restos do Apóstolo e emprenderase unha viaxe a través de séculos de Historia e Arte.

Un percorrido para aprezar dunha outra forma a arte do Camiño, ao que seguirá un momento musical acompañado dun cóctel con produtos do país, convertendo o espazo artístico nun lugar para a reflexión, a contemplación e o goce. 

As entradas para as tres visitas son de balde máis é preciso inscrición previa en www.cidadedacultura.gal

Setembro artístico
Setembro chegará cargado de arte coa quinta edición do Encontro de Artistas Novos, que reunirá do 7 ao 11 na Biblioteca e Arquivo de Galicia a un total de 70 novos valores da arte contemporánea. Durante cinco días intercambiarán experiencias e coñecerán os traballos de artistas consolidados como Menchu Lamas, Ana Laura Aláez, Damián Ucieda, Enrique Marty e Aitor Saraiba.

E o 10 de setembro será a despedida de ‘Enocións by Ribeiro’, o ciclo que combina arte e gastronomía, que terá un convidado de excepción: Carlos Blanco. Sumiller e monologuista alternaranse nesta sesión na que, por suposto, o público poderá visitar previamente a exposición ‘Camiño. A orixe’. As entradas xa están á venda en A Reixa Tenda ou www.ataquilla.com a un prezo de 12€ (+gastos de xestión).

Verán entre libros
A Biblioteca de Galicia tampouco pechará en verán, ofrecendo unha serie de obradoiros, xogos e actuacións ao redor de grandes autores como Manoel Antonio ou Rosalía de Castro. Así, xullo será o mes de Manoel Antonio a través da xincana familiar ‘Aventuras no mar de máis alá’ (7 e 8 de xullo) e do recital poético ‘Naufraxios na luz’ a cargo de Gail Langstroth (9 de xullo). Ademais, o 16 de xullo terá lugar o divertido concurso ‘Textos e pretextos’ para celebrar o Día da Comprensión Lectora.

E en setembro, Rosalía será a protagonista. O 14 e 15 coa xincana ‘Rosalía na voz da xente’ e o 19 de setembro co concerto-recital ‘Rosalía entre outras’ a cargo do grupo Xardín Desordenado. Todas as actividades son de balde.

‘Camiño’ e ‘Memorias de familia’

Durante este verán, os visitantes ao Gaiás poderán achegarse a dúas exposicións. No Museo Centro Gaiás, poderán achegarse ata o 14 de setembro a ‘Camiño. A orixe’ e descubrir a través de 150 pezas de arte e 11 intervencións contemporáneas a riqueza do fenómeno xacobeo. E na Biblioteca e Arquivo de Galicia, a mostra ‘Memorias de familia. O fondo Vilariño Pintos no Arquivo de Galicia’, ata o 9 de setembro.