19/6/15

A XUNTA DESTACA O IMPORTANTE E EFICAZ LABOR QUE A ASOCIACIÓN PROXECTO HOME DESEMPEÑA

 NA LOITA CONTRA A DROGODEPENDENCIA
  • O vicepresidente, Alfonso Rueda, visitou a VII exposición “Arte e solidariedade” con motivo da celebración do 25 aniversario de Proxecto Home Galicia
  • O Goberno galego destina este ano preto de 3 millóns de euros ás subvencións a concellos e entidades sociais para a prevención da drogodependencia
Alfonso Rueda en uso de la palabra
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importante e eficaz labor que a asociación Proxecto Home desempeña na loita contra a drogodependencia. Fíxoo durante a súa visita á exposición “Arte e Solidaridade” que conmemora o 25 aniversario desta asociación.

Durante a visita, o vicepresidente incidiu na importancia de ofrecerlle a estas persoas a posibilidade de saír desa situación de exclusión social para que poidan achegar á sociedade o seu valor e talento. Ademais sinalou que o Goberno galego non está alleo a este labor e destina este ano preto de 3 millóns de euros ás subvencións a concellos e entidades sociais para a prevención da drogodependencia, o maior orzamento da lexislatura.

Tamén recordou que fai uns meses a Xunta asinou un convenio coa Fundación Galega contra o Narcotráfico para axilizar a xestión e a venda do patrimonio que se incauta aos narcotraficantes. E para que os cartos resultantes desa venda revertan nas entidades sociais que axudades ás vítimas destes criminais.

Proxecto Home en Galicia 
Proxecto Home leva máis de 21 anos traballando en Galicia, no marco da rehabilitación e reinserción social de persoas con todo tipo de adiccións. Na  actualidade conta con máis de 2.000 Altas Terapéuticas. O obxectivo do Programa Educativo-Terapéutico é a rehabilitación e reinserción social das persoas adictas.