ABANCA e Fecimo facilitan o crédito á pequena empresa para incrementar as vendas

O banco e a asociación sectorial asinan un convenio de colaboración para ofrecer
mellores condicións na contratación de produtos e servizos

A entidade financeira prestará apoio aos comerciantes en actos como a “V Gala do
Comercio do Morrazo”, a “X Feira de Oportunidades do Morrazo” ou a “IV Pasarela de
Moda Amodiña”, entre outros


Firma de convenio
ABANCA e a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo)
veñen de asinar un novo convenio que reforza a súa colaboración e permite facilitar o
crédito a profesionais desta comarca galega.
Os representantes de Fecimo, Xosé Bangueses García, Ana María Ave Estévez, Enrique
Avilés Nores, María Núñez Jalda e Pablo Pazos Santaclara, e o director territorial de
ABANCA en Vigo, Jorge Martínez Martínez, rubricaron hoxe un acordo que renova a aposta
que mantén a entidade financeira co tecido empresarial do sur da provincia de Pontevedra.
O convenio facilita que os emprendedores asociados a accedan a condicións melloradas na
contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios,
leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto. O documento asinado tamén pon a
disposición dos empresarios a comercialización de produtos específicos da entidade como
CrediFecimo-Crediventa ou compras especiais (a través das tarxetas de crédito) para
dinamizar a actividade mercantil.
Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se beneficiarán de tarifas
personalizadas na alta e o mantemento de Terminais no Punto de Venda (TPV) e poderán
acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións, que permite deixar de
pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos
de cheques ou outros servizos habituais.
A entidade tamén porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en
materia de seguros ou banca electrónica. Desta maneira, dende as oficinas de ABANCA
facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento a través do convenio
asinado coa Deputación de Pontevedra, así como outros convenio do ICO, Igape e SGR.
Fecimo agrupa os intereses dos profesionais e a pequena e mediana empresa da comarca
do Morrazo, que exercen a súa actividade en sectores estratéxicos como o comercio, a
hostalería e a industria, entre outros. A naceu no ano 2000 e inclúe a Asociación de
Comerciantes e Industriais de Bueu (ACIBU), a Asociación de Comerciantes, Industriais e
Hostalería de Cangas (ACICA), a Asociación de Comerciantes e Industriais de Moaña
(ACIMO) e a Asociación de Empresarios do Parque Industrial de Castiñeiras – Bueu
(AEPICAS). ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta
axeitada para autónomos e pemes.

Apoio aos actos de Fecimo
Ademais do acordo financeiro, ABANCA e Fecimo tamén expresaron á súa vontade de
colaboración en materia de organización de actos. O banco con sede en Galicia participará
na promoción de actos de gran relevancia como a V Gala do Comercio do Morrazo, a Feira
de Oportunidades do Morrazo ou a IV Pasarela de Moda Amodiña. Tamén colaborarán nos

proxectos “compranomorrazo.com” e no Plan de promoción dos recursos turísticos.