20/6/15

AUGAS DE GALICIA ADOPTOU EN 2011 AS MEDIDAS NECESARIAS PARA GARANTIR O ESTADO ECOLÓXICOS DO RÍO XALLAS

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, lembrou hoxe que adoptou en 2011 as medidas necesarias para garantir o estado ecolóxico do río Xallas. Nese sentido, grazas as actuacións levadas a cabo por Augas de Galicia en 2011 a auga no encoro de Santa Uxía e na cascada do Ézaro flúe con normalidade. Cómpre recordar que o departamento en materia ambiental da Xunta de Galicia tomou a decisión de incoar a resolución de modificación concesional a Ferroatlántica ditada en 2001. Esta decisión foi refrendada polo Consello Consultivo de Galicia en abril de 2011. Deste xeito, Augas de Galicia obrigou a Ferroatlantica a liberar 2.230 l/s de xeito continuo desde o encoro de Santa Uxía, restituíndo o caudal do río. Desde entón a auga flúe de xeito continuado polo último tramo do río Xallas e a cascada de Ézaro. Esta decisión permite afirmar que desde hai case catro anos, o Goberno galego garante que o curso fluvial do Xallas, así como a súa contorna máis inmediata, se atopen en condicións de normalidade.