Bueu acomete la reparación y mejora en el pabellón "Pablo Herbello"

O CONCELLO INICIA O PROCESO DE INVITACIÓN PARA A EXECUCIÓN DAS PRÓXIMAS OBRAS
O Concello de Bueu procedeu á invitación directa de varias empresas para executar as obras de reparación e melloras no Pavillón Municipal Pablo Herbello, con cargo ao PPOS 2015 e cun custe de 61.000 euros.
O proxectos técnico e a invitación foron subidos ao perfil do contratante, e a partir de hoxe disporán de oito días para presentar a oferta. No proceso de adxudicación o único criterio de selección válido será o da oferta económica máis vantaxosa, excepto que se observen situacións anormais ou desproporcionadas, nas que o Concello poderá solicitar informes técnicos.
Estas obras inclúen tres actuacións: reparación dos caneiros da cuberta do pavillón para a eliminación de filtracións, modificación da saída de emerxencias da á sureste do pavillón e a construción dun almacén, e substitución das canalizacións de auga quente e fría nos vestiarios.

Ademais, nestes días tamén se están enviando as correspondentes invitacións para as obras de pavimentación de dous viais municipais (o de acceso á praia de Mourisca e o que une os núcleos de Norte e da Cividade) e o de rexeneración da nave de Pescadoira.