Bueu avanza con una nueva edición de la fiesta del pulpo

SILVIA CARBALLO REÚNESE COS HOSTALEIROS BUENENSES PARA ULTIMAR A FESTA DO POLBO 

Este martes 30 de xuño ás 10 horas, a concelleira delegada de Economía, Silvia Carballo, reunirase cos hostaleiros e hostaleiras interesados na celebración da festa do polbo deste ano. A semana pasada xa tiveron unha reunión co colectivo, na que se lle explicou a posibilidade de engadir ou non o xoves 13 de agosto á celebración que será na fin de semana do 14,15 e 16. Os interesados debaterán sobre este tema e sobre a data de realización do pregón.
Un ano máis, o Concello mostrouse interesado en realizar esta festa porque contribúe a dinamizar e dotar de prestixio un produto local buenense. Nesta evento, o que se vén facendo é que o Concello ofrece o polbo á feira, mentres os hostaleiros se encargan das demais especialidades posibles. 

Nas vindeiras semanas, convocarase outra reunión para falar máis pormenorizadamente da organización da Ruta das Tapas, a cal se quedou na pasada reunión que coincidise coa semana do FICBUEU.