11/6/15

Bueu : A II XUNTANZA CABALAR DE CHANS AGARDA ACOLLER A 200 PERSOAS MONTADAS A CABALO

O 20 de xuño celebrase a II Xuntanza Cabalar de Chans (Cela) organizada pola Asociación Cabalar “Ponte a catro patas”, en colaboración co Concello de Bueu. Esta iniciativa foi presentada en rolda de prensa por Lorena Pastoriza, presidenta da asociación,  Víctor Damián Díaz, e Eugenio Martínez, membros da directiva, ademais de Félix Juncal, alcalde da vila. Segundo comentaron agárdase unha participación de entre 150 e 200 persoas, aumentando con respecto ao ano pasado cando finalmente se contou con 90 debido ás inclemencias do tempo.
A programación inclúe unha saída de cabalos seguindo unha ruta con vistas á ría, pasando por Pastoriza, Ermelo, e facendo unha parada no Monte do Leñador para repoñer forzas, antes de volver a Chans. Os organizados estiman que a ruta terá unha duración máxima de catro horas, dando paso ás 22 horas  a unha cea no lugar de saída con catering e actuación dun DJ.

A data límite para inscribirse é o 16 de xuño, e os interesados poderán mercar entradas por un prezo de 25 euros nos bares de Cela, Muíño Vello e A Choza, e tamén no Ondekeiras de Moaña, ou chamando aos números de teléfono 661 20 33 31 (Chuco), e 655 71  69 38 (Roque).