BUEU : OS GOLFIÑOS EXPOÑEN AS SÚAS ACTIVIDADES

BUEU : OS GOLFIÑOS EXPOÑEN AS SÚAS ACTIVIDADES NA SALA DOMÍNGUEZ BÚA
A sala Amalia Domínguez Búa acolle unha exposición de fotos do Club Os Golfiños ata o 28 de xuño, no mesmo horario de apertura da Oficina de Turismo de Bueu.
A exposición mostra, como desde fai cinco anos, as fotografías tomadas nas actividades anuais que desenvolve a Asociación. Ademais, desde hai tres anos focalizan gran parte da exposición nunha actividade concreta: este ano sobre as fogueiras de San Xoán e San Pedro para o que rescataron as fotografías de arquivo sobre este tema.

A mostra recolle outras fotos  de actividades como acampadas, excursións, festas temáticas, a alfombra do Corpus, o Paxaro de Mal Agoiro