18/6/15

Bueu prepara su "Verán de Xogos"

VERÁN DE XOGOS EN BUEU : Como cada ano, o Concello de Bueu organiza o “Verán de xogos” con actividades lúdicas e educativas para o tempo de lecer dos rapaces e rapazas nacidos entre 2003 e 2011 nas parroquias de Cela, Beluso e Bueu entre o 29 de xuño e o 31 de agosto de luns a venres de 10 a 14 horas. A modalidade de participación é flexible, permitíndose anotarse na parroquia que se prefira e polo tempo que conveña, ata cubrir as 40 prazas para Bueu, 10 para Cela e outras tantas para Beluso.
O prazo de inscrición será o 24 e o 25 de xuño de 10 a 13.30 horas no CEIP A Pedra, para o que se deberá cubrir unha ficha e facer o pagamento no momento. O custe do programa será de 0,70 euros por hora, saíndo o mes completo a 70 euros.
Os lugares nos que terán lugar as actividades son: no CEIP A Pedra (Bueu), no CEIP Montemogos (Beluso) e no Centro Sociocultural de Torrecino (Cela). 

Os interesados que desexen obter máis información poderán contactar nos númerode  teléfono 986324338 ou 622004415.