Bueu promueve otra vez la travesía a nado reivindicativa de la playa de Pescadoira

TRAVESÍA A NADO POLA REXENERACIÓN DA PRAIA DE PESCADOIRA

O Club Corredoiras e o Club de Atletismo de Bueu organizan a VII Travesía a nado entre a praia de Udra e Pescadoira pola rexeneración da praia de Pescadoira. A cita será o 18 de xullo, e os participantes poderán escoller entre varias rutas: dende Ancoradouro ( 7,4 km),  Mourisca (4 km)  e Beluso (1,5 km). 
O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de xullo, e para iso débese cubrir un formulario a descargar na páxina web www.cronotec.es.
Os nadador@s concentraranse as 9 horas da mañá no Centro Social do Mar de Bueu, para recoller a bolsa con camiseta, gorro e chip. O Concello de Bueu porá a disposición de tod@s participantes as instalacións do Club do Mar de Bueu de Remo, para todo o relacionado co aseo, duchas, vestiarios; aquí mesmo daranse bebidas e empanadas, aos nadadores que remataron a travesía. 
Así, as horas de saída dos respectivos puntos son: ás 11 horas o primeiro grupo e ás 11.15 o segundo desde Ancoradouro, de Mourisca ás 12 horas,  e de Beluso ás 12.40 aproximadamente.
No caso de mal tempo no entorno do Cabo Udra, a organización ten pensadas dúas rutas alternativas. Unha de 7 km con saída de Pescadoira e paso por Loureiro, Agrelo, Portomaior, Lapamán, dando a volta na illa do Santo, e regresando á altura das bateas ata Pescadoira. A alternativa B propón a saída da praia de Lapamán con chegada a Pescadoira, cun percorrido de 4 km.

A proba considérase finalizada unha vez que pasen 3 horas e 15 minutos dende a primeira saída de Ancoradouro, polo que os nadadores que non rematasen nese tempo serán recollidos polas embarcacións da organización.