20/6/15

Cangas pone en marcha la "V FEIRA DA TAPA”

 No evento participarán 41 locais da vila.

Tivo lugar a inauguración da quinta edición da “Feira da tapa” no primeiro andar da Praza de Abastos. 
As tapas que lograron conquistar durante os pasados anos o primeiro posto estaban esta mañá preparadas polos seus creadores na Praza de Abastos para que todos os asistentes á rolda as degustasen. As tapas vencedoras nos derradeiros anos foron: en 2011 “ Tosta Onuba” da Taberna Andaluza El Jabuguito; en 2012 “Tosta de lacón” do Restaurante Tía Brígida; en 2013 “Rulo de calamar” do Restaurante La Curva; e o ano pasado, “Xurelo surfeiro” do Restaurante Pandemillo.


Esta festa gastronómica, na que participarán un total de 41 establecementos hostaleiros da vila, celébrase entre o 25 de xuño e o 5 de xullo. O prezo estipulado por cada degustación é de 1,50 euros. Coma en edicións anteriores, a feira outorgará premios, tanto para comensais como para establecementos. Os usuarios poderán participar sempre e cando conten co selo de tres locais. Os establecemento optarán a dous recoñecementos: o da “tapa popular”, elixido a través dos votos dos usuarios; e outro recoñecemento, “a tapa do xurado” que obterá a puntuación baseándose en elementos como a presentación, a orixinalidade ou os valores culinarios.