Comienza el nuevo tiempo del puerta a puerta al que se encomienda el Partido Popular de Galicia


José Manuel Rey reuniuse con representantes da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias e visitou a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade 

O PPdeG iniciou os encontros con asociacións e colectivos galegos cos que dan participación á sociedade civil
  • A apertura do sistema á sociedade civil, a necesidade de establecer políticas con máis cauces de participación informais e a percepción da recuperación económica foron os temas tratados coa AGACA
  • As políticas de benestar e atención para persoas con discapacidade centraron a conversa da súa xuntanza con membros da COGAMI
José Manuel Rey Varela
O PPdeG iniciou os seus encontros con asociacións, organizacións e colectivos representativos da cidadanía galega cos que o partido “quere recoller a opinión da xente e dar participación á sociedade”, segundo declarou o coordinador da Ponencia política que se presentará en xullo, José Manuel Rey.
Esta mesma tarde, Rey mantivo en Santiago de Compostela dúas xuntanzas. A primeira foi con representantes da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), unha organización que une a varios sectores e cos que tivo a oportunidade de falar da apertura do sistema á sociedade civil, da necesidade de establecer políticas a medio e longo prazo con máis cauces de participación informais e da percepción da recuperación económica. 
Xa na súa visita á Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), a conversa xirou en torno as políticas de benestar e atención para xente afectada. 
Foi precisamente onte cando o líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, remitiu unha carta firmada por el na que se dirixe a este tipo de colectivos co obxectivo de lembrarlles as canles de participación abertas e para informarlles de que o equipo encargado de redactar a Ponencia política  está á súa disposición para atendelos e recoller de primeira man as súas inquedanzas, propostas ou suxestións.
Estas xuntanzas continuarán esta semana e levarán aos membros do equipo redactor a recorrer as distintas provincias galegas iniciando así un proceso de actualización de ideas co que o PPdeG aspira a facer política coa sociedade galega como única protagonista.
Ademais dos encontros mantidos por José Manuel Rey en Santiago e con este mesmo obxectivo, os membros do grupo redactor, Jesús Vázquez e Ana Villarino, tamén se reuniron hoxe na cidade de Ourense con representantes da Federación de Libreiros de Galicia e con representantes do Pen Clube Galicia e do Foro Galicia Milenium.

Adicionalmente ás reunións presenciais e coa fin de promover a participación cidadá, os populares puxeron a funcionar unha conta de correo electrónico á que mandar propostas e habilitaron un espazo web específico para recibir suxestións pero pensado tamén para manter unha comunicación fluída coas persoas que desexen participar activamente da elaboración da Ponencia.