Comienza la reorganización del Gobierno de Bueu


O Concello de Bueu xa ten listos aos concelleiros e concelleiras que se encargarán de dirixir as principais áreas de xestión do municipio nos vindeiros catro anos. Por agora xa están pechados os encargados das macroáreas principais. Así,  Martín Villanueva continuará coa área de Urbanismo e Vivenda,  Silvia Carballo será a encargada de dirixir a área de Economía, emprego e benestar, Carlos Eirea estará encargado da portavocía do Goberno e de benestar social, José Inocente García Cuervo seguirá con Facenda Municipal e Modernización da Administración Local e Manuel Otero tomará as rendas en Medio ambiente urbano e servizos. Por outra banda, dentro desas macroáreas, estanse decidindo os delegados especiais, un tema que aínda está en borrador e que se dará a coñecer nos vindeiros días.